Ana Alós López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAna Alós López
Nome orixinal(es) Ana Alós Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Ana Isabel Alós López Editar o valor em Wikidata
11 de maio de 1969 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
Huesca, España Editar o valor em Wikidata
Cargos
   Alcaldesa de Huesca
Período11 de xuño de 2011 – 13 de xuño de 2015
AntecesorLuis Felipe Serrate
SucesorLuis Felipe Serrate
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Zaragoza
Universidade Pontificia Comillas Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítica , economista , empresaria Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Facebook: ana.aloslopez Twitter: AnaAlos Editar o valor em Wikidata

Ana Isabel Alós López, nado en Huesca en 1969, é unha política, economista e empresaria española, membro do Partido Popular. Foi alcaldesa de Huesca entre 2011 e 2015.

Biografía[editar | editar a fonte]

Licenciada en Ciencias Económicas pola Universidade de Zaragoza, tamén ten un mestrado en Administración e Dirección de Empresas polo Instituto Católico de Administración e Dirección de Empresas (ICADE). Posteriormente a partir do ano 1995 estivo a traballar como axente de desenvolvemento local na Mancomunidade da Canle de Berdún, en 1996 comezou a traballar no sector da economía como asesora de empresas no seu propio despacho xunto ao seu socio e un ano máis tarde en 1997 crearon unha empresa especializada ao lavado de vehículos e en 1999 outra que se dedicaba á reciclaxe de combustibles de impresión.

Posteriormente no ano 2003, entrou no mundo da política sendo concelleira do Concello de Huesca polo Partido Popular, nese mesmo ano tamén foi conselleira comarcal da Comarca da Hoya de Huesca onde permaneceu ata o mes de xuño de 2009 tras renunciar, durante estes tempos dende o 2008 tamén pasou a ser voceiro do Grupo Municipal Popular no concello.

Nas eleccións municipais de España de 2011 que se celebraron o día 22 de maio de 2011 presentouse como candidata á alcaldía, sendo a súa formación política a máis votada e converténdose en alcaldesa aínda que non por maioría absoluta. Tomou o cargo de alcaldesa o día 14 de xuño.[1] Nese mesmo ano tamén entrou como vogal na Federación Española de Municipios e Provincias, da que actualmente pertence. Nas eleccións de 2015 perdeu a alcaldía en favor do PSOE.

Notas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Luis Felipe Serrate

Alcaldesa de Huesca

11 de xuño de 2011 - 13 de xuño de 2015
Sucesor:
Luis Felipe Serrate

Véxase tamén[editar | editar a fonte]