Saltar ao contido

Francisco Rodríguez Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrancisco Rodríguez Fernández
Biografía
Nacemento13 de abril de 1953 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Palmés, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Ourense
2007 – setembro de 2012 (dimisión)
← Enrique Nóvoa LópezAgustín Fernández Gallego → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, profesor de ensino secundario, sindicalista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata
Membro de

Francisco Rodríguez Fernández, nado en Palmés (Ourense) o 13 de abril de 1953, é un político galego, que foi alcalde de Ourense polo PSdeG-PSOE.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Profesor de formación profesional, sindicalista da UXT e afiliado ao PSdeG-PSOE, exerceu a docencia nos Institutos da Pobra de Trives e do Carballiño, sendo neste último o seu director entre 1993 e 2003. Foi concelleiro na cidade de Ourense de 1983 a 1991, sendo responsable da área de Educación durante o primeiro mandato de Manuel Veiga Pombo como alcalde entre decembro de 1987 e setembro de 1990. Foi elixido deputado no Parlamento de Galicia tralas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1989. Formou parte da candidatura socialista nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1993 sen ser reelixido, pero trala dimisión de Santos Oujo Bello en febreiro de 1996 volveu a ser deputado. Formou novamente parte da candidatura socialista nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1997, pero non conseguiu conservala acta. En 1999 foi elixido concelleiro no Carballiño, onde era director do instituto, e asumiu a concellería de cultura no goberno encabezado por Pachi Vázquez.

En outubro de 2002 foi elixido Secretario Xeral da Agrupación Socialista de Ourense, dimitindo como concelleiro no Carballiño. Foi candidato á alcaldía de Ourense nas Eleccións Municipais de 2003, trala renuncia de Abelardo Gabriel como candidato un mes antes dos comicios. Pese á grave situación do partido ao longo do mandato, habéndose marchado 5 dos 6 concelleiros e sendo disolta a agrupación local a finais de 2001 polos órganos galegos, mantivo a representación do partido con 6 concelleiros e case o 20% dos sufraxios, logrando incluso 1000 votos máis que en 1999, sen conseguila escisión do anterior candidato Antonio Troitiño representación. O Partido Popular conservou a maioría absoluta na cidade e o BNG mantivo a súa representación con 7 edís. Desta forma, Rodríguez foi voceiro municipal e foi elixido deputado provincial.

Nas eleccións municipais de 2007 encabezou de novo a candidatura socialista e subeu a 8 concelleiros e case un 27% dos votos a costa do PPdeG (que perdeu a maioría absoluta) e do BNG, polo que foi elixido alcalde mediante un pacto cos nacionalistas. Nas eleccións de 2011 presentouse de novo e ampliou o seu apoio, pasando a ter 11 concelleiros e o 37% dos votos, a menos dun milleiro dos sufraxios colleitados polo Partido Popular, sendo o maior número de votos da historia do partido nunhas municipais, polo que conservou a alcaldía tras renovalo pacto co BNG. Nun contexto de forte descenso socialista foi o candidato que maior subida experimentou nunha capital de provincia en toda España. Dende o seu acceso ó liderado local dos socialistas o partido experimentara un aumento paulatino de apoio na cidade en eleccións de diverso rango, logrando a cima dun 44% nas xerais de marzo de 2008 o que supuxo a primeira vitoria do partido sobre o PPdeG en votos dende as municipais de 1991. En xuño de 2012 abandonou a Secretaría Xeral do partido en favor de Carmen Rodríguez Dacosta.

En setembro de 2012 foi detido acusado de tráfico de influencias,[1] por aceptar supostamente pagamentos persoais de parte dunha empresa en troques da concesión do servizo de recollida de lixo e de xestión do aparcadoiro nas rúas da cidade. A detención produciuse no marco da Operación Pokémon. Foi posto en liberdade baixo fianza de 6.000 euros. Nos días seguintes recibiu presións tanto do seu partido como do BNG, o seu socio de goberno, para que dimitise, mais non o fixo de forma inmediata, senón catro días despois de rematar o interrogatorio xudicial. En outubro de 2019, no marco dun caso polo que prorrogara a contratación de cinco profesionais externos que terminaran no cadro de persoal, foi absolto xunto cos exedís Áurea Soto e Fernando Varela e o exdirector xeral Xosé Carballido.[2] Progresivamente foi absolto das diversas imputacións que pesaban sobre el, ao igual que o resto de edís socialistas e nacionalistas acusados.

En novembro de 2022 a Executiva galega do partido elixiuno para ser de novo candidato á alcaldía da cidade de Ourense nas eleccións municipais de 2023[3]. Nestes comicios logrou 6 concelleiros, por detrás de Democracia Ourensana e o Partido Popular. Ante a investidura o PP e o BNG mostráronlle o seu apoio para ser alcalde en detrimento de Gonzalo Pérez Jácome, candidato de Democracia Ourensana[4]. Porén, un acordo a última hora da dirección autonómica do PPdeG con DO impediu que os concelleiros populares apoiasen a súa investidura, polo que tras empatar a 10 votos con Jácome, este conservou a alcaldía como candidato da lista máis votada[5].


Predecesor:
Enrique Nóvoa López
 
Alcalde de Ourense
 
2007 - 2012
Sucesor:
Agustín Fernández Gallego

Resultados electorais

[editar | editar a fonte]

Estes son os resultados do PSdeG-PSOE nas derradeiras eleccións municipais con Francisco Rodríguez coma cabeza de lista.

Eleccións municipais de 2003

Partido Votos Porcentaxe Concelleiros Diferenza
PPdeG 28.841 46,48% 14 =
PSdeG-PSOE 12.187 19,64% 6 =
BNG 15.165 24,44% 7 =

Eleccións municipais de 2007

Partido Votos Porcentaxe Concelleiros Diferenza
PPdeG 26.160 42,25% 13 -1
PSdeG-PSOE 16.428 26,53% 8 +2
BNG 12.253 19,79% 6 -1

Eleccións municipais de 2011

Partido Votos Porcentaxe Concelleiros Diferenza
PPdeG 21.564 37,84% 11 -2
PSdeG-PSOE 20.896 36,67% 11 +3
BNG 6.146 10,79% 3 -3
DO 4.529 7,95% 2 +2

Eleccións municipais de 2023

Partido Votos Porcentaxe Concelleiros Diferenza
DO 18.450 33,83% 10 +3
PPdeG 13.609 24,95% 7 =
PSdeG-PSOE 10.514 19,28% 6 -3
BNG 8.576 15,72% 4 +2

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]