Carmen Moriyón
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (es) María del Carmen Moriyón Entrialgo 25 de outubro de 1966 Gijón/Xixón, España (en) |
| Presidenta de Foro Asturias | |
| 29 de setembro de 2018 – ← Pedro Leal | |
| 11 de xuño de 2011 – 15 de xuño de 2019 ← Paz Fernández Felgueroso – Ana González Rodríguez → | |
| 11 de xuño de 2011 – 15 de xuño de 2019 | |
| Datos persoais | |
| Educación | Universidade Autónoma de Madrid (1999–2001) Universidade de Oviedo - medicina (1984–1990) Colegio de la Inmaculada (1983–1984) |
| Actividade | |
| Ocupación | oncólogo, política |
| Empregador | Hospital de Cabueñes |
| Partido político | Foro Asturias (2011–) |
| Sitio web | carmenmoriyon.es |
Carmen Moriyón Entrialgo, nada en Xixón o 25 de outubro de 1966, é unha médica e política asturiana. Encabezou a lista de Foro Asturias á alcaldía de Xixón nas eleccións municipais de España de 2011, obtendo 9 concelleiros,[1] converténdose na primeira alcaldesa non socialista de Xixón desde as eleccións de 1979 grazas ao apoio do Partido Popular na súa investidura.[2]
Biografía
[editar | editar a fonte]Carmen Moriyón é filla de Maximino Moriyón Álvarez e de Margarita Entrialgo Álvarez, e viúva de José Ramón Rodríguez-Galindo González.[3]
Estudou no Colexio do Santo Ángel de la Guarda e no Colexio da Inmaculada (promoción de 1984), e é licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Oviedo (promoción de 1990) e especialista en Mastoloxía pola Universidade Autónoma de Madrid (2001).[4] Era responsable da unidade de cancro de mama no Hospital de Cabueñes até a súa elección como alcaldesa.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "La izquierda pierde la mayoría tras 32 años y Carmen Moriyón apunta a la Alcaldía". La Nueva España. 23/05/2011. Arquivado dende o orixinal o 27/05/2011. Consultado o 01/01/2013.
- ↑ "Carmen Moriyón, alcaldesa de Gijón con el apoyo del Partido Popular". El Comercio. 11/06/2011. Consultado o 01/01/2013.
- ↑ La Nueva España, "Vuelta al ruedo sin bisturí". Consultado o 1 de xaneiro de 2013.
- ↑ El Comercio, "La doctora Carmen Moriyón será la candidata de Foro a la Alcaldía" 20-03-2011. Consultado o 1 de xaneiro de 2013.
- ↑ "La Nueva España". Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2011. Consultado o 01 de xaneiro de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Asturias |
