Enrique Maya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEnrique Maya

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento7 de abril de 1959 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Montevideo, Uruguai Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Pamplona
15 de xuño de 2019 – 17 de xuño de 2023
← Joseba AsironCristina Ibarrola (pt) Traducir →
Alcalde de Pamplona
11 de xuño de 2011 – 13 de xuño de 2015
← Yolanda BarcinaJoseba Asiron → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña
Uruguai Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Navarra Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , profesor universitario , arquitecto , escritor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Navarra Editar o valor em Wikidata
Partido políticoUnión del Pueblo Navarro Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 2698936

Enrique Maya Miranda, nado en Montevideo en 1960, é un político navarro. Foi alcalde do concello de Pamplona por Unión del Pueblo Navarro, cargo que ocupou entre o 2011 e 2015.

Biografía[editar | editar a fonte]

Naceu en Montevideo en 1960, aínda que reside en Pamplona desde os 4 anos. Arquitecto de profesión, está casado e ten dous fillos. No ano 1989 comezou a traballar como funcionario municipal cando accedeu como arquitecto da Oficina de Rehabilitación Municipal. Ocupou o cargo de director da área de Urbanismo e Vivenda, e da Xerencia de Urbanismo do Concello de Pamplona.[1] Non está afiliado a ningún partido político, aínda que nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura de Unión del Pueblo Navarro (UPN) ao Concello de Pamplona, logo de que o Consello Político deste así o aprobase o 14 de xaneiro de 2011.[2] Tras acadar este partido 11 dos 27 concelleiros do consistorio, logrou a alcaldía pamplonesa con 13 votos, os de UPN e PP e a abstención do PSN-PSOE, mentres que a outra candidata Uxue Barkos (NaBai) conseguiu 11 votos, os de NaBai, Bildu e Izquierda-Ezkerra.[3]

Presentouse á reelección nas eleccións de 2015 nas que o seu partido foi a forza máis votada. Non obstante, un pacto de investidura cuatripartito entre EH Bildu, Geroa Bai, Aranzadi - Iruñea Denon Artean - Pamplona En Común (marca de Podemos) e Izquierda-Ezkerra (marca de IU)[4] outorgou o bastón de mando municipal a Joseba Asirón, de EH Bildu, o 13 de xuño de 2015. Nesa votación Asirón obtivo 14 votos, Enrique Maya logrou 10 apoios, mentres que a socialista Maite Esporrín logrou 3 apoios.[5]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Entre as publicacións e relatorios de Enrique Maya, destacan as referidas a Pamplona. Os seus principais traballos son:

  • La parcela gótica. Rehabilitar el cerramiento
  • Rehabilitación estructural de centros históricos
  • Centro Histórico de Pamplona. Muralla y Glamour
  • Rehabilitar el Centro Histórico desde la periferia
  • Rehabilitación y Conservación de Centros Históricos
  • Planificación y Gestión del Centro Histórico de Pamplona
  • La experiencia de rehabilitación en el Casco Antiguo de Pamplona
  • Los planes de rehabilitación de cascos urbanos
  • El ejemplo de Pamplona o, muy recientemente
  • La muralla verde, dentro del ciclo Pasado, presente y futuro de las fortificaciones de Pamplona.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Diario de Navarra (ed.). "Barcina propone a Enrique Maya Miranda como candidato a la alcaldía de Pamplona". Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2014. Consultado o 13 de junio de 2011. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2011. Consultado o 01 de xaneiro de 2013. 
  3. EUROPA PRESS, ed. (11/06/2011). "Enrique Maya (UPN), nuevo alcalde de Pamplona con el voto en blanco del PSN". Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2015. Consultado o 31 de decembro de 2012. 
  4. Diario de Noticias (ed.). "EH Bildu, Geroa Bai, Aranzadi e I-E pechan o acordo para que Asiron sexa o novo alcalde de Pamplona". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 11 de xuño de 2015. 
  5. Naiz (ed.). "O abertzale Joseba Asiron, proclamado alcalde de Iruñea por maioría absoluta". Consultado o 13 de xuño de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Yolanda Barcina

Alcalde de Pamplona

2011 - 2015
Sucesor:
Joseba Asirón
Predecesor:
Joseba Asirón

Alcalde de Pamplona

2019 -
Sucesor:
En el cargo