Saltar ao contido

Batasuna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Batasuna
Logotipo
 Instancia de
 Parte de
 Nome orixinal
Batasuna (eu) Editar o valor en Wikidata
 Posición política
Datas
 Fundación / creación
1978 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
3 de xaneiro de 2013 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Precedido por
Localización
 Sede
 Área de operación
 País
Códigos e identificadores
Freebase/m/0k4_s Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Batasuna (en éuscaro, Unidade) foi un partido político vasco independentista e de esquerdas. Era considerado o brazo político da organización armada Euskadi Ta Askatasuna segundo a xustiza española e a Unión Europea.[1] Tiña presenza na Comunidade Autónoma Vasca, Navarra e Iparralde. Formaba parte da chamada esquerda abertzale e do Movemento de Liberación Nacional Vasco (MLNV).

Defendía a independencia do País Vasco de España e Francia (Euskal Herria), así como o desenvolvemento dunha sociedade socialista que respectase os principios sociais, culturais e políticos característicos do pobo vasco. Para acadar este obxectivo, defendía o principio da revolución social.

No ano 2001 Aralar, que actuaba como corrente crítica, decidiu non participar no proceso fundacional de Batasuna e formouse como partido independente.

No ano 2003 foi declarada ilegal no territorio español, cando a Xustiza, coa sentenza do Tribunal Supremo do 28 de marzo de 2003, estimou a súa pertenza á rede política e financeira da organización terrorista ETA. Ao tratarse dun partido político ilegal, non puido presentarse ás eleccións celebradas en territorio español desde aquel ano, así como ten prohibido tamén celebrar actos institucionais. Esta incluída pola UE na Lista da Unión Europea de grupos terroristas, decisión que o Consello Europeo de ministros de xustiza e interior aprobou por unanimidade en xuño de 2003.

Continuou sendo legal en Francia, onde era membro da coalición Euskal Herria Bai, mantivo a súa unidade como unha organización política ata a súa disolución o 3 de xaneiro de 2003.[2]

  1. "Lista de persoas e organizacións terroristas" (en castelán). 27 de xullo de 2003.
  2. "Batasuna anuncia su autodisolución para adaptarse al nuevo ciclo político". Naiz (en castelán). 3 de xaneiro de 2003.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]