Unión Asturianista

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unión Asturianista é unha iniciativa política conxunta de Asturias nada en novembro de 2004 que pretende aglutinar baixo unhas mesmas sigras ás forzas rexionalistas e nacionalistas asturianas.

Polo de agora integráronse nela o Partíu Asturianista (PAS) e a Unión Renovadora Asturiana (URAS).

A presidencia da mesma estará formada polos líderes de ámbolos dous partidos, Xuan Xosé Sánchez Vicente do PAS e Sergio Marqués (antigo presidente autonómico) do URAS.

O candidato á presidencia irase alternando entre os dous, correspondendo a candidatura na circunscrición central para as próximas eleccións autonómicas a URAS, que previsiblemente presentará a Sergio Marqués.

De igual forma realizaranse candidaturas alternas nos concellos nos que concorra ás eleccións locais.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.