Saltar ao contido

Acción Nacionalista Vasca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Acción Nacionalista Vasca

Tipopartido político Editar o valor en Wikidata
Temática
Parte deesquerda abertzale Editar o valor en Wikidata
Datas
Data de creación1930 Editar o valor en Wikidata
Data de disolución2008 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Eusko Ekintza (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Páxina WEBeae-anv.org Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Eusko Abertzale Ekintza - Acción Nacionalista Vasca (EAE-ANV) é un partido nacionalista vasco ilegalizado de esquerdas e socialista.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Naceu como unha escisión de Aberri en 1930 como reacción á fusión deste coa conservadora Comunión Nacionalista Vasca para refundar o Partido Nacionalista Vasco. Xogou un papel importante, aínda que minoritario, durante a II República Española e a guerra civil española cando o partido formou varios batallóns e tivo un conselleiro no primeiro goberno vasco, mantivo a súa actividade no exilio, apoiou a ETA e na transición integrouse en Herri Batasuna pero cando esta se refundou en Batasuna ANV non se integrou nela.

En 2007 concorreu ás eleccións municipais no País Vasco e Navarra, malia seren ilegalizadas as súas listas en moitos concellos. Conseguiu un total de 95 000 votos, gañando en 31 municipios e obtendo representación noutros 62. A formación atribúese tamén os votos declarados nulos, que suman un total de 92 000.

O 16 de setembro de 2008, o partido foi ilegalizado polo Tribunal Supremo de España.