Gerardo Conde Roa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gerardo Conde Roa
4f831ad86bfc9-conderoapisos.jpg
Gerardo Conde Roa
{{{cargoexecutivo1}}}
Período: {{{periodo1}}}
Antecesor: {{{antecesor1}}}
Sucesor: {{{sucesor1}}}
Chanceler: {{{chanceler1}}}
Monarca: {{{monarca1}}}
{{{cargoexecutivo2}}}
Período: {{{periodo2}}}
Antecesor: {{{antecesor2}}}
Sucesor: {{{sucesor2}}}
{{{cargoexecutivo3}}}
Período: {{{periodo3}}}
Antecesor: {{{antecesor3}}}
Sucesor: {{{sucesor3}}}
{{{cargoexecutivo4}}}
Período: {{{periodo4}}}
Antecesor: {{{antecesor4}}}
Sucesor: {{{sucesor4}}}
Datos persoais
Nacemento: 28 de setembro de 1959 (54 anos)
Lugar: Padrón, Galiza Flag of Galicia.svg
Falecemento:
Lugar: ,
Afiliacións: {{{afiliacións}}}
Cónxuxe: {{{cónxuxe}}}
Parella: {{{parella}}}
Fillos: {{{fillos}}}
Parentes: {{{parentes}}}
Residencia: {{{residencia}}}
Cargo(s): Concelleiro de Santiago (1983 - 1991)
Deputado galego (1985 - 1997)
Alcalde de Santiago (2011-2012)
Alma mater: {{{almamater}}}
Profesión: Avogado e político
Relixión: {{{relixión}}}
Premios: {{{premios}}}
{{{sinatura}}}
{{{web}}}

Gerardo Jesús Conde Roa, nado o 28 de setembro de 1959 en Padrón, é un avogado, empresario e político conservador galego do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito, afiliouse a Alianza Popular e posteriormente ao Partido Popular de Galicia. O seu primeiro cargo na política foi o de concelleiro en Santiago, entre 1983 e 1991. Foi candidato á alcaldía en 1987, onde foi derrotado, deputado no Parlamento de Galicia (1985-1997) polo Partido Popular, membro do Consello de Administración de RTVE e o candidato deste partido á alcaldía de Santiago de Compostela de novo nas eleccións de 1987, onde quedou a un concelleiro da maioría absoluta.

Nas eleccións xerais de 2008 foi elixido deputado do PPdeG pola provincia da Coruña. Renunciou en setembro de 2010 e foi substituído por Ángeles Vázquez Mejuto[1].

O 10 de xullo de 2008 gañou o congreso do PP de Santiago cun total de 526 votos sobre 957 totais[2], co que encabezou a lista local do Partido Popular ás eleccións municipais de 2011. Nos comicios de maio dese ano o seu partido acadou a maioría absoluta na cidade de Compostela, e Conde Roa foi proclamado alcalde.

Polémicas[editar | editar a fonte]

Durante o ano 2008 estivo involucrado en numerosas polémicas relacionadas co non pagamento de tributos municipais arredor da súa condición de promotor inmobiliario a través de Geslander, sociedade da súa titularidade[3].

O 2 de abril do 2012, o Xulgado de Instrución número 2 de Santiago de Compostela admitiu a trámite unha querela criminal presentada pola fiscalía por un presunto delito contra a Facenda Pública durante a súa etapa como promotor inmobiliario, segundo a cal o alcalde no tería declarado o IVE de 61 vivendas a través da súa promotora inmobiliaria, Geslander Proyectos de Edificación S.L., en 2010. Segundo consta no expediente de Facenda, Conde Roa, administrador único de Geslander Proyectos de Edificación S.L., defraudou nesa transacción case 300.000 euros.[4] Dimitiu do posto de alcalde o 16 de abril[5].


Predecesor:
Xosé Antonio Sánchez Bugallo
Escudo Santiago de Compostela.jpg
Alcalde de Santiago

2011 - 2012
Sucesor:
Ángel Currás Fernández

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Persoa relixiosa, foi membro do grupo católico Opus Dei[6] Declarou que integraría Compostela unha cidade na chamada Rede española de cidades pola vida, unha rede antiabortista de tradición católica.[7]

No sé que imagen tengo, tradicional, contradictoria, excéntrica, distante, populista... Huyo de los asesores como del diablo. Soy como soy, cargado de contradicciones, tranquilo, aunque a veces parezca lo contrario, muy inconformista y la única imagen que me preocupa ( si es que se puede hablar así ) es la que de mí tenga Dios. Para serle sincero opino que es manifiestamente mejorable, pero creo profundamente en el perdón y en la misericordia.
Conde Roa, na entrevista para El Correo Gallego o 5 de xaneiro de 2011.[8]

Casou e divorciouse. Ten cinco fillos da primeira muller e tres dunha segunda parella[9].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]