Aduna
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | País Vasco | ||||
| Provincia | Guipúscoa | ||||
| Comarca | Tolosaldea | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 500 (2025) | ||||
| Lingua oficial | lingua éuscara (lingua predominante) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 6,95 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Creación | 1883 (Xuliano) | ||||
| Día festivo | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Josu Amilibia Alsua | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 20150 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 20002 | ||||
| Sitio web | aduna.eus | ||||
Aduna é un concello da provincia de Guipúscoa, no País Vasco, situado no val medio do río Oria, na comarca de Tolosaldea.
Toponímia
[editar | editar a fonte]O significado do topónimo Aduna é escuro. A principal explicación ao respecto é a de que a verba aduna significaba antigamente o trigo novo en lingua éuscara. Esta acepción aparece mencionada no Diccionario Trilingüe: Castellano, Bascuence y Latín que realizou Manuel Larramendi en 1745.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Trátase dun pequeno concello rural cunha extensión de 6,9 km². A vila de Aduna sitúase nun outeiro que domina o val do río Oria. A Aduna chégase por unha estreita e empinada estrada á que se accede tras saír da autovía A-1.
Historia
[editar | editar a fonte]Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
O 7 de xuño de 1968 produciuse en Aduna o que se considera o primeiro atentado mortal realizado por ETA na súa historia. O atentado de Aduna produciuse cando o coche no que viaxaban dous membros de ETA, o histórico dirixente Txabi Etxebarrieta e Iñaki Sarasketa, foi detido pola Garda Civil de tráfico nun control de estrada á altura de Aduna. Temendo que foran descubertos, Txabi Etxebarrieta descendeu do coche disparando polo lombo ao garda civil José Pardines Arcay e rematándoo posteriormente. Pardines converteríase desa forma na primeira vítima oficial de ETA. Ese mesmo día, Etxebarrieta morrería abatido pola policía en Tolosa, converténdose á súa vez no primeiro militante de ETA que morría de forma violenta.
Administración
[editar | editar a fonte]Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Nas eleccións autonómicas celebradas en 2005, o partido máis votado foi o comunista e independentista Euskal Herrialdeetako Alderdi Komunista (EHAK), co 48,9% dos votos, seguido da coalición nacionalista vasca PNV-Eusko Alkartasuna, que obtivo un 38,5%, e o partido político Aralar, cun 9%.
A alcaldía estivo dende 2003 a 2007 en mans da agrupación local independente Adunako Elkarte Herritarra ('Agrupación popular de Aduna'), sendo a alcaldesa Arantza Aburuza Alkorta.
Nas eleccións municipais de 2007, dous partidos presentáronse candidatos á alcaldía do municipio: Eusko Abertzale Ekintza (EAE-ANV) e Partido Popular de Euscadi (Euskadiko Alderdi Popularra) (PP). Os resultados foron os seguintes:
- Eusko Abertzale Ekintza: 159 votos (7 escanos)
- Partido Popular de Euscadi (Euskadiko Alderdi Popularra): 1 voto (ningún escano)
Isto deu como resultado a vitoria da esquerda abertzale con maioría absoluta, sendo de nova alcaldesa Arantza Aburuza Alkorta.
Nas eleccións municipais de 2011, só se presentou unha lista, a do Partido Popular. Rexistráronse 43 abstencións e 300 votos dos que 287 foron en branco, 12 para o Partido Popular e 1 nulo. Ao non acadaren o mínimo do 5% dos votos válidos (que inclúen os votos a unha candidatura e os brancos), a lista do PP non obtivo ningún concelleiro. Iso supón que non se constitúe nova corporación en 2011.
Os resultados das eleccións municipais de 2011 foron os seguintes (abstención 13,54%, votos en branco 95,99%):
| Partido político | 2011[1] | 2007[2] | ||
|---|---|---|---|---|
| Votos % | Concelleiros | Votos % | Concelleiros | |
| Partido Popular de Euscadi (Euskadiko Alderdi Popularra) (PP éuscaro) | 4,01% | - | 0,56% | - |
| Eusko Abertzale Ekintza (EAE-ANV) | - | - | 88,33% | 7 |
Galería
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ministerio del Interior (ed.). "Resultados elecciones municipales Aduna 2011". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 11 de xaneiro de 2011. (en castelán)
- ↑ Ministerio del Interior (ed.). "Resultados elecciones municipales Aduna 2007". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 11 de xaneiro de 2011. (en castelán)
