Mateu Isern

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mateu Isern

11 de xuño de 2011 – 13 de xuño de 2015
Precedido por Aina Calvo
Sucedido por José Hila

Datos persoais
Nacemento Palma (Illas Baleares)
Partido Partido Popular (PP)

Mateu Isern Estela, nado en Sineu o 4 de abril de 1959, é un político balear.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no colexio Luis Vives e en 1976 iniciou a carreira de dereito na Universidade das Illas Baleares, licenciándose en 1981.[1] Milita no PP desde a década de 1990.

Da man de José María Rodríguez, formou parte do consello de administración da Societat Municipal d'Aparcaments. Con anterioridade, traballou como xefe dos servizos xurídicos no Banco de Crédito Balear, departamento no que coincidiu co que posteriormente foi Presidente do Congreso dos Deputados Félix Pons, e co avogado Tomeu Sitjar.

Nas eleccións municipais de España de 2011, o seu partido, o PP, gañou en Palma con 17 dos 29 concelleiros, coa maioría absoluta máis folgada da historia de Palma. Tras isto, foi investido alcalde de Palma o 11 de xuño de 2011 cos votos dos concelleiros do seu partido (17) a favor,[2] e cos do PSIB-PSOE (9) e a coalición PSM-IniciativaVerds-Entesa (3) en contra.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Mateu Isern Estela". ABC (en castelán). 11/05/2011. Consultado o 1 de xuño de 2013. 
  2. "Mateu Isern assumirà avui la batlia de l’Ajuntament de Palma". IB3. 11/6/2011. Consultado o 1 de xuño de 2013. [Ligazón morta]
Predecesor:
Aina Calvo
Escut de Palma.svg
Alcalde de Palma

2011-2015
Sucesor:
José Hila