Guadalaxara, España
Guadalajara (es) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Castela-A Mancha | ||||
Provincia | provincia de Guadalaxara | ||||
Capital de | |||||
Capital | Guadalajara (pt) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 89.010 (2023) (377,95 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 235,51 km² | ||||
Altitude | 708 m | ||||
Comparte fronteira con | Aldeanueva de Guadalajara (pt) Torija Valdeaveruelo (pt) Ciruelas (pt) Tórtola de Henares (pt) Fontanar Galápagos (pt) Málaga del Fresno (pt) Fuentelahiguera de Albatages (pt) Atanzón (pt) Yunquera de Henares (pt) Valdeavellano (pt) Marchamalo (pt) Chiloeches (pt) Horche (pt) Yebes (pt) Lupiana (pt) Centenera (pt) Cabanillas del Campo (pt) Valdarachas (pt) Loranca de Tajuña (pt) Aranzueque (pt) Pozo de Guadalajara (pt) Pioz (pt) Valfermoso de Tajuña (pt) | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Alberto Rojo Blas (2019–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 19001–19005 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 949 | ||||
Código INE | 19130 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Livorno Nuneaton and Bedworth (en) Guadalaxara Guadalajara de Buga (pt) Parma Roanne Nitra Nuneaton (pt) | ||||
Páxina web | guadalajara.es |
Guadalaxara[1] (en castelán: Guadalajara) é unha cidade do centro de España, capital da provincia de Guadalaxara, na comunidade autónoma de Castela-A Mancha, á beira do río Henares.
O seu censo municipal é de 87.452 habitantes (INE 2022) e a área do seu concello abrangue 267,5 km². Está situada a 55 km de Madrid. Rodéaa a autovía A-2; e dispón de parada do tren AVE na súa estación ferroviaria (sita a 7 km da cidade) e máis un servizo de trens de proximidades con Madrid.
Étimo do topónimo e historia
[editar | editar a fonte]Guadalaxara identifícase coa localidade ibera de Arriaca (cfr. vasco actual harri "pedra, rocha", e o sufixo abundancial -aga). O seu actual nome provén do árabe, mais semella ter certa relación co anterior, se é interpretábel polo vasco. Os musulmáns logo de arrasala, reconstruírona, denominándoa Wādī al-Ḥaǧārah (en árabe وادي الحجارة), que significa "río de pedras".
A partir do século XIV converteuse nunha cidade importante, en boa medida mercé á familia Mendoza. Despois dunha longa decadencia, a súa proximidade a Madrid convértea nun lugar atractivo como foco de expansión industrial e cidade-dormitorio da capital española, o que ten facilitado o seu crecemento nos últimos anos.
Monumentos
[editar | editar a fonte]- Palacio do Infantado
- Panteón da Condesa da Vega del Pozo e Duquesa de Sevillano
- Igrexa de San Ginés
- Igrexa de San Nicolás o Real
- Igrexa de Santiago
- Concatedral de Santa María da Fonte a Maior
- Capela de Luís de Lucena
- Palacio da Cotilla
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). p. 101. ISBN 84-8158-266-2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Guadalaxara, España |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |