José Manuel Bermúdez Esparza
José Manuel Bermúdez Esparza | |
---|---|
Nacemento | 23 de outubro de 1966 |
As Palmas de Gran Canaria | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de La Laguna |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
José Manuel Bermúdez Esparza, nado nas Palmas de Gran Canaria o 23 de outubro de 1966, é un político canario que dende o 11 de xuño de 2011 exerce como alcalde da cidade de Santa Cruz de Tenerife.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nado nas Palmas de Gran Canaria, trasladouse xunto cos seus pais a vivir á illa de Tenerife pouco despois de nacer, xa que de alí proviña a súa familia.
Estudou Dereito porque era a mellor maneira de acceder a xornalismo ou a política. Con 18 anos, e en contra dos desexos do seu pai, que prefería que se centrase nos estudos, afiliouse a ATI.
Foi fundador das mocidades de ATI, ocupou sempre cargos nos órganos decisorios do partido e desenvolveu o seu labor público en diferentes áreas do Cabido de Tenerife. Ademais é vicepresidente primeiro do Cabido de Tenerife. É, dende 2011 o alcalde da cidade de Santa Cruz de Tenerife.