José Antonio Nieto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Antonio Nieto

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de abril de 1970 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
Guadalcázar, España Editar o valor em Wikidata
Secretario de Estado de Seguridade de España
18 de novembro de 2016 – 14 de xuño de 2018
← Francisco Martínez Vázquez (en) TraducirAna Botella Gómez (pt) Traducir →
Deputado no Congreso dos Deputados
11 de xullo de 2016 – 25 de novembro de 2016 – Isabel Cabezas Regaño →

Circunscrición electoral: Córdoba (en) Traducir

Deputado no Congreso dos Deputados
7 de xaneiro de 2016 – 3 de maio de 2016

Circunscrición electoral: Córdoba (en) Traducir

Alcalde de Córdoba
11 de xuño de 2011 – 13 de xuño de 2015
← Andrés Ocaña RabadánIsabel Ambrosio →
Deputado do Parlamento de Andalucía
9 de marzo de 2008 – 11 de novembro de 2015 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Córdoba - licentiate degree in law (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , avogado Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular (1994–)
Centro Democrático y Social (1991–1993) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Dialnet: 3177637

José Antonio Nieto Ballesteros, nado en Guadalcázar o 10 de abril de 1970, é un político español de ámbito local do Partido Popular. É licenciado en Dereito pola Universidade de Córdoba. Desde o 11 de xuño de 2011, é o alcalde da cidade de Córdoba.

Biografía[editar | editar a fonte]

Entre 1991 e 1993 ocupa o cargo de secretario provincial do Centro Democrático e Social (CDS), partido polo que se presenta a senador nas eleccións xerais de 1993, sen éxito. Pouco despois pasa ao Partido Popular. Entre 1995 e 1999 é concelleiro en Guadalcázar, pasando ese ano a ser concelleiro do Partido Popular na cidade de Córdoba.

Tamén foi coordinador electoral rexional do PP andaluz e vicesecretario xeral de Formación e Electoral do PP de Córdoba até o mes de decembro de 2002, cando é designado número dous do partido na provincia. A partir das eleccións municipais de 2003, substitúe a Rafael Merino como portavoz no Concello de Córdoba. En febreiro de 2006, e tras a dimisión de María Jesús Botella, faise cargo da presidencia provincial do PP.

O 28 de xuño de 2006 é elixido candidato á alcaldía de Córdoba polo Partido Popular. Nas eleccións municipais de 2007, o seu partido é o máis votado, obtendo o 43,96% dos votos e 14 concelleiros, mais un pacto entre o PSOE e Izquierda Unida, con 4 e 11 concelleiros respectivamente, mándao á oposición.

En 2008 é o cabeza de lista por Córdoba para as eleccións autonómicas de 2008 conseguindo un escano no Parlamento andaluz en marzo. En novembro é reelixido presidente do Partido Popular de Córdoba durante o XIII Congreso Provincial do Partido Popular cun 96% de votos a favor.[1] Nas eleccións municipais de 2011 gañou a alcaldía de Córdoba ao obter o PP a maioría absoluta do concello con 79.493 votos (48,80%) e 16 concelleiros.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sueño con ser alcalde para que el PP haga progresar Córdoba; no es un reto personal Arquivado 28 de decembro de 2008 en Wayback Machine., entrevista na edición de Córdoba de ABC. 1 de decembro de 2008. Consultado o 12 de decembro de 2012.
Predecesor:
María Jesús Botella

Presidente do PP de Córdoba

2006-actualidade
Sucesor:
No cargo
Predecesor:
Andrés Ocaña Rabadán

Alcalde de Córdoba

11 de xuño de 2011-actualidade
Sucesor:
No cargo