Saltar ao contido

Democracia Ourensana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Democracia Ourensana
Logotipo
 Instancia de
Características
 Posición política
Implicados
 Fundador/a
Datas
 Fundación / creación
2001 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 País
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: DemocraciaOurensana Twitter: DemOurensana Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Democracia Ourensana é un partido político ourensán de ámbito provincial dirixido por Gonzalo Pérez Jácome.[1] Dende o 2019 ostenta a alcaldía da cidade de Ourense.

Ideoloxía

[editar | editar a fonte]

O partido rexeita a adscrición á dereita ou á esquerda convencionais ("D.O. no es de derechas ni de izquierdas, sino de Ourense").[2] Con todo, Natalia Puga caracterízao como "populismo de dereitas" e Onda Cero como "localista".[3]

A pesar do seu proclamado carácter transversal,[4] o seu histórico na política municipal, provincial e galega caracterizouse polas alianzas máis ou menos consistentes co Partido Popular: en 2014, favoreceu o acceso á alcaldía do candidato popular Jesús Vázquez; en 2019, obtivo a alcaldía sendo a terceira forza do consistorio ourensán, pasando a integrar os populares no goberno, até a súa ruptura en xullo de 2022, despois de favorecer igualmente a continuidade de José Luís Baltar á fronte da Deputación. Logo das municipais de 2023, DO e PP alcanzaron un acordo para accederen ao mando do Concello da capital e da Deputación, respectivamente, en solitario. Finalmente, após as eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024, o seu único representante, Armando Ojea, abstívose na votación de investidura de Alfonso Rueda.

Por outro lado, o seu líder Gonzalo Pérez Jácome ten desacreditado publicamente os seus adversarios de esquerdas, como o PSdG-PSOE ou o BNG, afirmando sobre este último que "é un partido soviético e Pontón unha radical que defendía terroristas".[5]

Por outro lado, DO renega do galego como lingua vehicular no ámbito público, non sendo usada habitualmente polo seu líder nin de forma sistemática a través das súas canles de comunicación, o que coloca este partido fóra do consenso da normalización lingüística do período autonómico.[6][7] [8][9]

2001-2011: primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Fundación do partido e a canle de televisión

[editar | editar a fonte]

O partido fundouse e 2001[10] en torno á canle de televisión local Auria TV[11] por Gonzalo Pérez Jácome xunto a Armando Ojea, Manuel Álvarez. Rebeca Santos e Juan Carlos Frasero.[12]

Primeiros anos na oposición

[editar | editar a fonte]

Gonzalo Pérez Jácome foi o candidato de Democracia Ourensana á alcaldía de Ourense nas eleccións de 2003 e 2007, pero non logrou representación. En 2011 o partido entrou na corporación municipal ó lograr dous concelleiros: Gonzalo Pérez Jácome e Susana Gómez Valencia.

Resultados electorais de Democracia Ourensana

[editar | editar a fonte]
Data Tipo Cabeza de lista Votos Escanos Lugar
Eleccións municipais de 2003 Municipais Gonzalo Pérez Jácome  284 0 Ourense
Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2005 Autonómicas 638 0 Galicia
Eleccións municipais de 2007 Municipais Gonzalo Pérez Jácome 1757 0 Ourense
Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2009 Autonómicas 1023 0 Galicia
Eleccións municipais de 2011 Municipais Gonzalo Pérez Jácome 4529 2 Ourense
Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2012 Autonómicas Rafael Martínez Cachafeiro 4245 0 Galicia
Eleccións municipais de 2015 Municipais Gonzalo Pérez Jácome 13.679 8 Ourense
Serafina Varelas Vieira 630 2 Barbadás
Ana Fernández Iglesias 437 2 O Pereiro de Aguiar
Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016 Autonómicas Miguel Caride[13] 7679 0 Galicia
Eleccións municipais de 2019 Municipais Gonzalo Pérez Jácome 12.009 7 Ourense
Serafina Varelas Vieira 499 1 Barbadás
Francisco González Fraga 261 1 O Pereiro de Aguiar
Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 Autonómicas Non presentaron candidatura
Eleccións municipais de 2023 Municipais Gonzalo Pérez Jácome 18.388 10 Ourense
Daniel Rey López 460 1 Barbadás
David Pérez Lorenzo 185 0 O Pereiro de Aguiar
Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024 Autonómicas Armando Ojea[14] 15.312 1 Galicia
Artigo principal: Auria TV.

Auria TV é unha canle de ámbito local propiedade de Gonzalo Pérez Jácome, líder de Democracia Ourensana, dispoñible na canle 51 en Ourense[15] que tamén está en YouTube. Foi a primeira cadea de televisión de España en emitir programas en bucle para telos dispoñibles a distintas horas do día.[16] Emite, basicamente, propaganda, roldas de prensa e algúns programas sobre política provincial.[17][16][15]

  1. "Historia de Democracia Ourensana". www.democraciaourensana.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 15-10-2017. Consultado o 20-10-2017. Gonzalo Pérez Jácome, presidente del partido [...]
  2. "¿Quiénes somos?". Democracia Ourensana (en castelán). Consultado o 2024-04-12.
  3. "Qué es Democracia Ourensana, el partido que ha logrado entrar en el parlamento gallego | Onda Cero Radio". www.ondacero.es (en castelán). 2024-02-18. Consultado o 2024-04-12.
  4. Fernández, María (2024-02-06). "Armando Ojea (Democracia Ourensana): “Si conseguimos representación, pactaremos con el diablo. ¿Acaso no pactamos con los Baltar?”". El País (en castelán). Consultado o 2024-04-12.
  5. "Gonzalo P. Jácome: «El BNG es un partido soviético y Pontón una radical que defendía terroristas»". Consultado o 2024-04-12.
  6. "Resultados eleccións municipais 2019". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 31 de maio de 2019.
  7. "Historia de Democracia Ourensana". www.democraciaourensana.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 15-10-2017. Consultado o 20-10-2017.
  8. "Resultados Electorales en O Pereiro de Aguiar: Elecciones Municipales 2015". El País (en castelán). Consultado o 20-10-2017.
  9. "Resultados Electorales en Barbadás: Elecciones Municipales 2015". El País (en castelán). Consultado o 20-10-2017.
  10. "Un político local de Ourense aspira a igualar el reto del alcalde de Oporto". Mundiario (en castelán). Consultado o 2015-03-15.
  11. "Pérez Jácome, empresario, 'estrella' televisiva y ahora alcalde de Ourense". La Vanguardia (en castelán). Consultado o 2020-11-19.
  12. "Ourense, ya en manos de Jácome: "El objetivo es transformar esta ciudad"". La Región (en castelán). Consultado o 2019-06-03.
  13. "Jácome envía a su «ala izquierdista» a las autonómicas". La Voz de Galicia (en castelán). 30-03-2016. Consultado o 15-10-2017.
  14. "Armando Ojea Bouzo". parlamentodegalicia.gal. Consultado o 4 de setembro de 2024.
  15. 1 2 "CANALES TDT OURENSE - orense tv frecuencias galiza". www.tdt1.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2018. Consultado o 2018-01-07.
  16. 1 2 "Auria TV – Canal 51 de la TDT de Ourense". auria.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2018. Consultado o 2018-01-07.
  17. Canle Auria TV en YouTube

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]