Núria Marín Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Núria Marín Martínez
Núria Marín Martínez
Núria Marín en 2012

Actualmente no cargo
Dende o 19 de abril de 2008
Precedido por Celestino Corbacho

Datos persoais
Nacemento 26 de decembro de 1963
L'Hospitalet de Llobregat, Barcelona, Cataluña
Partido Partit dels Socialistes de Catalunya

Núria Marín Martínez, nada en L'Hospitalet de Llobregat o 26 de decembro de 1963, é unha política española do Partit dels Socialistes de Catalunya e a alcaldesa de L'Hospitalet desde o 19 de abril de 2008. Chegou ao cargo[1][2] cando Celestino Corbacho Chaves foi designado ministro de Traballo e Inmigración, sendo a primeira muller que ostenta o cargo de alcaldesa na cidade.[3] Presentouse como cabeza de lista do Partido dos Socialistas de Cataluña (PSC) nas eleccións municipais do 22 de maio de 2011, obtendo así ela mesma a alcaldía.

Biografía[editar | editar a fonte]

Núria Marín[4][5] está casada e non ten fillos. É veciña do barrio de Collblanc-la Torrassa, onde residiu toda a súa vida. Ten estudos equivalentes á diplomatura en Ciencias Empresariais e entrou a traballar como funcionaria no concello de L'Hospitalet no ano 1985, facéndose cargo da dirección do Mercado Municipal de Santa Eulàlia entre outras responsabilidades.

Carreira política[editar | editar a fonte]

Núria Marín é membro do PSC desde o ano 1981 e, antes fora militante da Xuventude Socialista de Cataluña (JSC). Actualmente é primeira secretaria da Federación de L'Hospitalet do PSC[6] e forma parte do Consello Nacional do PSC.

En decembro de 2011 entrou a formar parte da nova executiva do PSC a raíz do nomeamento de Pere Navarro como primeiro secretario do partido, ocupando a secretaría de Cambios Sociais, Medio Ambiente e Sustentabilidade [7]

Desde o ano 1995 é concelleira do concello de L'Hospitalet. De 1995 a 1999 fíxose cargo da Área de Facenda e da Concellaría de Collblanc-la Torrassa. En 1999 foi nomeada primeira tenente de alcalde e asumiu a responsabilidade da Área de Economía e Facenda. De 2007 a 2008 foi a primeira tenente de alcalde e responsable da Área de Planificación, Coordinación e Economía. No 2008 foi elixida alcaldesa de L’Hospitalet, tras a marcha de Corbacho. No Concello, tamén presidiu as sociedades municipais de L'Hospitalet 2010 e La Farga,SA.

Representa o concello de Hospitalet na Comisión de Novas Tecnoloxías e Sociedade da Información da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). É vicepresidenta da Área Metropolitana de Barcelona e da Federación de Municipios de Cataluña (FMC).[8]

Tamén é membro do Consello Reitor do Consorcio Sanitario Integral e vicepresidenta do BiopoL'H. Desde xaneiro de 2011 preside o Foro Español para a Prevención e a Seguridade.[9]

A principios de 2011 Núria Marín abriu o seu propio portal na internet,[10] integrando diversas redes sociais. Un estudo[11] posicionouna como un dos políticos españois que mellor uso fan destas ferramentas.

Predecesor:
Celestino Corbacho Chaves
Escudo de L'Hospitalet
Alcaldesa de L'Hospitalet de Llobregat

2008-...
Sucesor:
No cargo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Periódico, "Núria Marín, nueva alcaldesa de L'Hospitalet, pide más inversión para favorecer la integración" 18/04/2008 Arquivado 10/11/2013, en Wayback Machine.. Consultado o 2 de xaneiro de 2013.
  2. El Mundo, "Nuria Marín sustituye a Celestino Corbacho en la alcaldía de L'Hospitalet de Llobregat" 21/04/2008. Consultado o 2 de xaneiro de 2013.
  3. La Vanguardia, "Núria Marín sustituye a Corbacho en la alcaldía de L'Hospitalet de Llobregat" 19/04/2008. Consultado o 2 de xaneiro de 2013.
  4. Biografía de Núria Marín na súa web personal nuriamarin.cat Arquivado 06 de setembro de 2011 en Wayback Machine.. Consultado o 2 de xaneiro de 2013.
  5. Biografía de Núria Marín na web do Concello Arquivado 13 de maio de 2012 en Wayback Machine.. Consultado o 2 de xaneiro de 2013.
  6. "Núria Marín, primera secretària del PSC de L'Hospitalet". Digital-h (en catalán). 6 de outubro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2012. Consultado o 2 de xaneiro de 2013. 
  7. El Periódico, "12º CONGRESO DE LOS SOCIALISTAS CATALANES" 18/12/2011. Consultado o 2 de xaneiro de 2013.
  8. La Vanguardia, "La FMC designa por unanimidad a Bustos (PSC) presidente por tercera vez" 22/07/2011. Consultado o 2 de xaneiro de 2013.
  9. "Nota de prensa do concello de L'Hospitalet sobre o nomeamento como presidenta do Foro Español para a Prevención e a Seguridade". 20/01/2011. Arquivado dende o orixinal o 30/06/2012. Consultado o 02/01/2013.  Consultado o 2 de xaneiro de 2013.
  10. Digital-h, "Núria Marín estrena pàgina web i perfil a les xarxes socials" 07/01/2011 Arquivado 11/02/2011, en Wayback Machine. (en catalán). Consultado o 2 de xaneiro de 2013.
  11. Estudio de Alianzo para Metroo sobre os alcaldes das 16 cidades máis grandes de España 17/03/2011. Consultado o 2 de xaneiro de 2013.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]