Saltar ao contido

Sonia Castedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Sonia Castedo Ramos»)
Modelo:BiografíaSonia Castedo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Sonia Castedo Ramos Editar o valor en Wikidata
23 de decembro de 1970 Editar o valor en Wikidata (54 anos)
Ribadeo, España Editar o valor en Wikidata
Deputada nas Cortes Valencianas
10 de xuño de 2011 – 2 de maio de 2014 – Juan Guillermo Moratal Cloquell →
Circunscrición electoral: Alicante (en) Traducir

Alcaldesa de Alacant
11 de setembro de 2008 – 23 de decembro de 2014
← Luís Bernardo Díaz AlperiMiguel Valor Peidró →
City councillor of Alicante (en) Traducir
1999 – 2014 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Alacant - licentiate in sociology (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular (1993–) Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm12035209 Editar o valor en Wikidata

Sonia Castedo Ramos, nada en Ribadeo en 1970, é unha política galega, foi alcadesa de Alacant polo Partido Popular do 2008 até o 2014.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Desde meniña reside en Alacant, onde cursou todos os seus estudos. É licenciada en Socioloxía pola Universidade de Alacant. En 1991 foi Beleza da Fogueira do barrio alacantino Princesa Mercedes.

A súa traxectoria laboral centrouse na Administración Pública Local da cidade desde 1995 cando entrou a formar parte do gabinete de prensa do Concello de Alacant como soporte técnico do mesmo. Desde entón estivo no consistorio ocupando distintos cargos políticos.

Traxectoria política

[editar | editar a fonte]
  • 1993 Afiliación a Novas Xeracións do Partido Popular.
  • 1999 Concelleira Delegada de Turismo e Praias
  • 2003 Concelleira Delegada de Urbanismo.
  • 2004 Primeira Tenente de Alcalde (até 2007).
  • 2007 Repite como Concelleira de Urbanismo (até 2010).
  • En 2008, o alcalde Luis Díaz Alperi presentou a súa dimisión, propoñendo a Sonia Castedo como sucesora no cargo. O 17 de setembro de 2008 tras a súa elección como alcaldesa polo Pleno Municipal do Concello[1] converteuse na primeira muller en ocupar a alcaldía de Alacant.

Polémicas e investigacións da fiscalía

[editar | editar a fonte]

Foi denunciada polo grupo socialista do Concello de Alacant ante a Fiscalía Anticorrupción por tráfico de influencias, prevaricación, estafa e fraude debido unha actuación urbanística no barrio de Benalúa.[2][3][4][5] En abril de 2009, algunhas das denuncias foron arquivadas de maneira definitiva polo fiscal anticorrupción, Felipe Briones;[6] outras foron arquivadas de forma provisional, en espera da decisión sobre todo o caso que tomará o Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade Valenciana.[7]

En outubro de 2010 a Fiscalía Anticorrupción acusou a Sonia Castedo de estar implicada na trama de corrupción do Caso Brugal na tramitación do novo Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU) de Alacant, xunto co seu antecesor, o popular Luis Díaz Alperi, e que lideraría o presidente do Hércules C.F. e construtor Enrique Ortiz Selfa. O fiscal imputoulle delitos de suborno, tráfico de influencias e revelación de información privilexiada, sinalando que foi retribuída con agasallos. Sonia Castedo sinalou que "Ortiz non conseguiu nada do que pediu", admitindo un dos regalos: unha viaxe en iate ás Illas Baleares.[8]

Segundo o revelado pola investigación policial, na recta final da redacción do PXOU de Alacant, entre maio de 2008 e xuño de 2010, as conversacións entre Enrique Ortiz e Sonia Castedo foron case diarias, o que para a policía demostra "a colaboración dos responsables de Urbanismo co empresario".[9]

O 22 de maio de 2011, Sonia Castedo logrou o mellor resultado na historia de Alacant para o Partido Popular, pasando de 15 a 18 concelleiros (sumou 15.000 votos máis). Este resultado mostra que a pesar de que o caso Brugal puido ter afectado a súa imaxe, non lle pasou ningunha factura nas urnas.[9]

Con todo, en outubro de 2012 foi imputada polo TSX de Valencia polo amaño do Plan de Ordenación Urbana da cidade de Alacant.[10] En decembro de 2014 presentou a súa dimisión en relación cunha imputación, e foi substituída por Miguel Valor Peidró, até entón tenente de alcalde e concelleiro de Cultura.[11]

Resolucións xudiciais

[editar | editar a fonte]

Tras perder o aforamento tanto Castedo como Díaz Alperi,[12] o caso rematou chegando aos xulgados de Alacant que decretaron o arquivo provisional da causa, o 12 de maio de 2016, ao entender o maxistrado que a identificación precisa dos delitos por parte da acusación "non se fixera, porque a transcrición dalgunhas conversacións non é suficiente, nin sequera coa interpretación que a policía poida facer desas conversacións, que deben servir para iniciar ou dirixir unha investigación, pero non para continuar e sustentar unha acusación”.[13]

En decembro de 2016, a sección terceira da Audiencia Provincial de Alacant decretou o arquivo definitivo do caso ao concluír que non existían no sumario "datos concretos que describisen unha actuación prevaricadora, carente dun mínimo apoio legal, e que fose imputable a calquera funcionario público”. Tampouco apreciou a comisión dos delitos de suborno nin de tráfico de influencias. O tribunal desestimou os recursos de apelación que plantearon a Fiscalía Anticorrupción, PSPV e mais EU contra o auto de sobresemento provisional.[14]

En xaneiro de 2017, o xuíz Manrique Tejada volveu levar a xuízo a Sonia Castedo por amañar o PXOU de Alacant en favor do empresario Ortiz.[15] En xaneiro de 2018, Castedo negou as declaracións de Ricardo Costa no xuízo de Gürtel no que parecía vincular á exalcaldesa co suposto financiamento do seu partido na Comunidade Valenciana.[16] Finalmente, en xullo de 2021, Sonia Castedo e o resto dos acusados ​​do caso Brugal foron absoltos pola Audiencia Provincial de Alacant. A exalcaldesa tivo duras palabras contra o seu antigo partido (do que foi suspendida da militancia) polo pouco apoio prestado, dende o seu punto de vista.

  1. elEconomista.es (2008-09-17). "Sonia Castedo toma posesión como alcaldesa de Alicante, la primera mujer en ocupar el cargo, y demanda inversiones". elEconomista.es (en castelán). Consultado o 2023-06-03. 
  2. "El PSOE presentará hoy la denuncia contra Sonia Castedo en la Fiscalía". La Verdad (en castelán). 2008-08-06. Consultado o 2023-06-03. 
  3. "La Fiscalía abre diligencias por la denuncia del PSOE sobre el plan Benalúa Sur". La Verdad (en castelán). 2008-08-19. Consultado o 2023-06-03. 
  4. Dopazo, M. (19 de setembro de 2011). "La Fiscalía abre a Castedo diligencias de investigación penal por Benalúa Sur". diarioinformacion.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2011. Consultado o 3 de xuño de 2023. 
  5. Europa Press/Redacción (20 de novembro de 2008). "Sonia Castedo tilda de «casualidad» que «surja el tema de Mercalicante»". diarioinformacion.com (en castelán). Archived from the original on 16 de setembro de 2019. Consultado o 3 de xuño de 2023. 
  6. Briones Archiva Denuncia contra Castedo Plan Benaulua Sur. La Verdad, 9 de abril de 2009.
  7. Biot, Rosa (2009-04-08). "Anticorrupción archiva la denuncia por Benalúa Sur". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2023-06-03. 
  8. "El fiscal implica en el 'caso Brugal' a un ex presidente y un directivo de la CAM, y a dos cargos de Bancaja". El País (en castelán). 2010-10-26. ISSN 1134-6582. Consultado o 2023-06-03. 
  9. 9,0 9,1 Torrent, Josep (2011-06-12). "Tú mandas". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2023-06-03. 
  10. Crespo, Jessica (1 de outubro de 2012). "El TSJ de Valencia imputa a los dos alcaldes del PP de Alicante". cadenaser.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2012. Consultado o 3 de xuño de 2023. 
  11. Moltó, Daniel (23 de decembro de 2014). "El PPCV propone a Miguel Valor como sustituto de Sonia Castedo". elmundo.es (en castelán). Consultado o 06-05-2017. 
  12. Rostoll, Pere; Escribano, Sylvia (10 de abril de 2014). "Castedo dejará las Cortes para que la causa del PGOU vuelva a Alicante tras dimitir Alperi". diarioinformacion.com (en castelán). Consultado o 5 de xuño de 2017. 
  13. Bolland, Enrique (12 de maio de 2016). "El juez archiva el ‘caso Rabasa’ al no apreciar delito de Castedo y Ortiz". elpais.com (en castelán). Consultado o 5 de xuño de 2017. 
  14. Sánchez, Manrique R. (13 de decembro de 2016). "El archivo definitivo del ‘caso Rabasa’ exculpa a Castedo y Ortiz". elpais.com (en castelán). Consultado o 5 de xuño de 2017. 
  15. Peñalosa, Gema (11 de xaneiro de 2017). "El juez lleva a juicio a Sonia Castedo por amañar el PGOU de Alicante a favor del empresario Ortiz". elmundo.es (en castelán). Consultado o 5 de xuño de 2017. 
  16. Martín, S.; Cáceres, M. (24 de xaneiro de 2018). "Sonia Castedo: “Ricardo Costa es cobarde y mentiroso”". cadenaser.com (en castelán). Consultado o 3 de xuño de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Luis Díaz Alperi
Alcaldesa de Alacant
20082014
Sucesor:
Miguel Valor Peidró