Elena Nevado del Campo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Elena Nevado del Campo
Elena Nevado del Campo
Elena Nevado no 2017

Actualmente no cargo
Dende o 11 de xuño de 2011
Precedido por Carmen Heras Pablo

Actualmente no cargo
Dende o 13 de decembro de 2011

16 de xuño de 2007 – 11 de xuño de 2011

Datos persoais
Nacemento 26 de xaneiro de 1967
Cáceres (Cáceres)
Partido Partido Popular
Profesión Avogada

Elena Nevado del Campo, nada o 26 de xaneiro de 1967, é a actual alcaldesa de Cáceres, tras gañar as eleccións municipais do 22 de maio de 2011.

Biografía[editar | editar a fonte]

Naceu o 26 de xaneiro de 1967 e é Licenciada en Dereito e co Máster en Asesoría Xurídica de Empresas. Avogada na actualidade, desenvolveu a súa experiencia laboral traballando como bibliotecaria e sendo colaboradora de distintas fundacións de persoas con distintas discapacidades, inmigrantes e de persoas en situación de exclusión social. É a Responsable de Formación e Vicedecana do Ilustre Colexio de Avogados de Cáceres.

Vida política[editar | editar a fonte]

Na actualidade, é membro do Comité Executivo Rexional do Partido Popular de Estremadura, Vicesecretaria Xeral Provincial do Partido Popular da Provincia de Cáceres e Vicepresidenta da Xunta Local de Cáceres.

Na lexislatura de Carmen Heras como alcaldesa de Cáceres (2007 - 2011) foi a portavoz do Grupo Municipal Popular, sendo designada para ocupar a Candidatura á Alcaldía de Cáceres en 2011 pola coalición Partido Popular - Extremadura Unida. Tras unha campaña electoral marcada polas obras da Praza Maior de Cáceres e pola decepción de non pasar o primeiro chanzo do xurado para converterse en Cidade Europea da Cultura en 2016, os cacereños entregáronlle a súa confianza o 22 de marzo de 2011, cunha maioría absoluta histórica con 16 concelleiros. É, tamén, vocal da Federación Española de Municipios e Provincias.

Nas eleccións xerais de 2011 resultou elixida senadora nas Cortes Xerais por Cáceres.

Predecesor:
Francisco Javier Castellanos
People's Party (Spain) Logo (2008-2015).svg
Portavoz do Grupo Popular no
Concello de Cáceres

2009-2011
Sucesor:
Valentín Pacheco
Predecesor:
Carmen Heras Pablo
Cáceres - Escudo.svg
Alcaldesa de Cáceres

2011-actualidade
Sucesor:
No cargo

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]