Sonia Castedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sonia Castedo Ramos
Sonia Castedo
Sonia Castedo (esquerda) con Francisco Camps.

Actualmente no cargo
Dende o 11 de setembro de 2008
Precedido por Luis Díaz Alperi

Datos persoais
Nacemento 23 de decembro de 1970 (46 anos)
Ribadeo, Lugo, Galiza
Partido Partido Popular (PP)
Alma máter Universidade de Alacant

Sonia Castedo Ramos, nada en Ribadeo en 1971, é unha política galega, foi alcadesa de Alacant polo Partido Popular do 2008 até o 2014.

Biografía[editar | editar a fonte]

Desde meniña reside en Alacant, onde cursou todos os seus estudos. É licenciada en Socioloxía pola Universidade de Alacant. En 1991 foi Beleza da Fogueira do barrio alacantino Princesa Mercedes.

A súa traxectoria laboral centrouse na Administración Pública Local da cidade desde 1995 cando entrou a formar parte do gabinete de prensa do Concello de Alacant como soporte técnico do mesmo. Desde entón estivo no consistorio ocupando distintos cargos políticos.

Traxectoria política[editar | editar a fonte]

  • 1993 Afiliación a Novas Xeracións do Partido Popular.
  • 1999 Concelleira Delegada de Turismo e Praias
  • 2003 Concelleira Delegada de Urbanismo.
  • 2004 Primeira Tenente de Alcalde (até 2007).
  • 2007 Repite como Concelleira de Urbanismo (até 2010).
  • En 2008, o alcalde Luis Díaz Alperi presentou a súa dimisión, propoñendo a Sonia Castedo como sucesora no cargo. O 17 de setembro de 2008 tras a súa elección como alcaldesa polo Pleno Municipal do Concelllo[1] converteuse na primeira muller en ocupar a alcaldía de Alacant.

Polémicas e investigacións da fiscalía[editar | editar a fonte]

Foi denunciada polo grupo socialista do Concello de Alacant ante a Fiscalía Anticorrupción por tráfico de influencias, prevaricación, estafa e fraude debido unha actuación urbanística no barrio de Benalúa.[2][3][4][5] En abril de 2009, algunhas das denuncias foron arquivadas de maneira definitiva polo fiscal anticorrupción, Felipe Briones;[6] outras foron arquivadas de forma provisional, en espera da decisión sobre todo o caso que tomará o Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade Valenciana.[7]

En outubro de 2010 a Fiscalía Anticorrupción acusou a Sonia Castedo de estar implicada na trama de corrupción do Caso Brugal na tramitación do novo Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU) de Alacant, xunto co seu antecesor, o popular Luis Díaz Alperi, e que lideraría o Presidente do Hércules C.F. e construtor Enrique Ortiz Selfa. O fiscal imputoulle delitos de suborno, tráfico de influencias e revelación de información privilexiada, sinalando que foi retribuída con agasallos. Sonia Castedo sinalou que "Ortiz non conseguiu nada do que pediu", admitindo un dos regalos: unha viaxe en iate ás Illas Baleares.[8]

Segundo o revelado pola investigación policial, na recta final da redacción do PXOU de Alacant, entre maio de 2008 e xuño de 2010, as conversacións entre Enrique Ortiz e Sonia Castedo foron case diarias, o que para a policía demostra "a colaboración dos responsables de Urbanismo co empresario".[9]

O 22 de maio de 2011, Sonia Castedo logrou o mellor resultado na historia de Alacant para o Partido Popular, pasando de 15 a 18 concelleiros (sumou 15.000 votos máis). Este resultado mostra que a pesar de que o caso Brugal puido ter afectado a súa imaxe, non lle pasou ningunha factura nas urnas.[9]

Con todo, en outubro de 2012 foi imputada polo TSX de Valencia polo amaño do Plan de Ordenación Urbana da cidade de Alacant.[10] En decembro de 2014 presentou a súa dimisión en relación cunha imputación, e foi substituída por Miguel Valor Peidró, até entón tenente de alcalde e concelleiro de Cultura[11].

Resolucións xudiciais[editar | editar a fonte]

Tras perder o aforamento tanto Castedo como Díaz Alperi[12], o caso rematou chegando aos xulgados de Alacant que decretaron o arquivo provisional da causa, o 12 de maio de 2016, ao entender o maxistrado que a identificación precisa dos delictos por parte da acusación " no se ha hecho, porque no basta con la transcripción de unas conversaciones, ni siquiera con la interpretación que de esas conversaciones pueda hacer la policía, que ha de servir para iniciar o encaminar una investigación, pero no para continuarla y sostener una acusación”.[13]

En decembro de 2016, a sección terceira da Audiencia Provincial de Alacant decretou o arquivo definitivo do caso ao concluír que non existía no sumario "ningún dato concreto que describa una actuación prevaricadora, carente de un mínimo apoyo legal, y que sea atribuible a algún funcionario público”. Tampouco apreciou a comisión dos delictos de cohecho nin de tráfico de influencias. O tribunal desestimou os recursos de apelación que plantearon a Fiscalía Anticorrupción, PSPV e mais EU contra o auto de sobresemento provisional.[14]

En xaneiro de 2017, o xuíz Manrique Tejada volve levar a xuízo a Sonia Castedo por amañar o PXOU de Alacant en favor do empresario Ortiz.[15]

Predecesor:
Luis Díaz Alperi
Alcaldesa de Alacant
20082014
Sucesor:
Miguel Valor Peidró

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Agencia EFE, Sonia Castedo toma posesión como Alcaldesa de Alicante
  2. El PSOE presentará hoy la denuncia contra Sonia Castedo en la Fiscalía, La Verdad, 6 de agosto de 2008.
  3. La Fiscalía abre diligencias por la denuncia del PSOE sobre el plan Benalúa Sur, La Verdad, 19 de agosto de 2008.
  4. La Fiscalía abre a Castedo diligencias de investigación penal por Benalúa Sur, Diario Información, 18 de outubro de 2008.
  5. Sonia Castedo tilda de «casualidad» que «surja el tema de Mercalicante», Diario Información, 20 de novembro de 2008.
  6. Briones Archiva Denuncia contra Castedo Plan Benaulua Sur. La Verdad, 9 de abril de 2009.
  7. Comunidad Valenciana Anticorrupción archiva denuncia Benalua Sur, El País, 9 de marzo de 2009.
  8. El fiscal implica en el 'caso Brugal' a un ex presidente y un directivo de la CAM, y a dos cargos de Bancaja, El País, 26 de outubro de 2010.
  9. 9,0 9,1 Reportaje: Caso Brugal - "Tú mandas" El Pais, 12 de xuño de 2011
  10. El TSJ de Valencia imputa a los dos alcaldes del PP de Alicante www.cadenaser.com
  11. "El PPCV propone a Miguel Valor como sustituto de Sonia Castedo". Consultado o 06-05-2017. 
  12. "Castedo dejará las Cortes para que la causa del PGOU vuelva a Alicante tras dimitir Alperi". Consultado o 06-05-2017. 
  13. "El juez archiva el ‘caso Rabasa’ al no apreciar delito de Castedo y Ortiz". Consultado o 06-05-2017. 
  14. "El archivo definitivo del ‘caso Rabasa’ exculpa a Castedo y Ortiz". Consultado o 06-05-2017. 
  15. "El juez lleva a juicio a Sonia Castedo por amañar el PGOU de Alicante a favor del empresario Ortiz". Consultado o 06-05-2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]