O Partido Socialista Obrero Español de Andalucía (PSOE-A) é a federación na comunidade autónoma de Andalucía do Partido Socialista Obrero Español (PSOE), anteriormente coñecida como Federación Socialista Andaluza (FSA).
Fundado en 1977, o PSOE de Andalucía gobernou a rexión dende 1978 de forma ininterrompida, e gañou todas as eleccións autonómicas dende a constitución da autonomía andaluza agás as eleccións de marzo de 2012, nas que se situou como segunda forza política tras o Partido Popular Andaluz, podendo non obstante formar goberno grazas a un pacto con Izquierda Unida Los Verdes-Convocatoria por Andalucía.