Alberto Ruiz-Gallardón
Alberto Ruiz-Gallardón | |
---|---|
Alberto Ruiz-Gallardón Jiménez | |
Datos persoais | |
Nacemento | 11 de decembro de 1958 |
Madrid | |
Organización | Partido Popular |
Pai | José María Ruiz Gallardón |
Alma máter | Centro de Estudios Universitarios, Our Lady of Remembrance College e Educación secundaria |
Profesión | Avogado |
Relixión | Igrexa católica |
![]() | |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Alberto Ruiz-Gallardón Jiménez, nado en Madrid o 11 de decembro de 1958, é un fiscal e político español, ministro de Xustiza entre o 22 de decembro de 2011 e a súa dimisión do 23 de setembro de 2014.
Inicios da traxectoria política[editar | editar a fonte]
Fillo do tamén político José María Ruiz-Gallardón, estudou o bacharelato nun colexio dos xesuítas e licenciouse en Dereito pola Universidade San Pablo CEU. Obtivo o segundo posto nas oposicións á fiscalía en 1979 e serviu como fiscal durante un breve período de tempo na Audiencia Provincial de Málaga, posto do que actualmente se atopa en situación de excedencia.
En 1983 foi elixido como concelleiro de Madrid. A súa traxectoria na oposición municipal caracterizouse pola súa actitude conservadora, que lle levou a denunciar a política cultural impulsada polo alcalde Enrique Tierno Galván, especialmente coa revista Madriz con motivo dunha historieta sobre o anterior Xefe do Estado[1].
En 1986 pasou a formar parte da executiva de Alianza Popular no seu sétimo congreso como Secretario Xeral en substitución de Jorge Verstrynge. En xuño 1987 foi elixido deputado da Asemblea de Madrid. Un mes máis tarde foi nomeado voceiro do Grupo Parlamentario Popular no Senado, cargo que ocupou ata 1995. En 1989 encabezou unha moción de censura contra o presidente socialista da Comunidade Joaquín Leguina, sen éxito. En abril de 1990, dirixiu a investigación dentro do partido das implicacións do Caso Naseiro[2].
Presidente da Comunidade de Madrid[editar | editar a fonte]
Foi investido como presidente da Comunidade de Madrid en 1995, tras gañar o seu partido as eleccións con maioría absoluta, e deixou o seu escano no Senado. En 1999 revalidou o cargo, novamente con maioría absoluta do seu partido. A súa política á fronte da Comunidade caracterizouse polo diálogo cos sindicatos e patronal, de onde resultou a implantación das 35 horas na administración rexional. Ademais xestionou os traspasos de competencias desde a administración central en materia de sanidade e educación.
Alcalde de Madrid[editar | editar a fonte]
En 2003, muda de escenario político a petición de José María Aznar e preséntase ás eleccións á alcadía de Madrid coa esposa de Aznar Ana Botella como número dous e converténdose en alcalde ao obter a maioría absoluta fronte á socialista Trinidad Jiménez e á candidata de Izquierda Unida Inés Sabanés.
En 2004, foi o único membro do Partido Popular que interveu publicamente no Congreso facendo autocrítica dalgúns dos fallos cometidos polo seu partido no goberno da nación, sen mencionalos expresamente. Posteriormente, intentou sen éxito lanzar a candidatura do vicealcalde de Madrid Manuel Cobo á presidencia do Partido Popular de Madrid fronte a Esperanza Aguirre. Manuel Cobo foi un estreito colaborador seu desde os anos en que era presidente da Comunidade de Madrid. O enfrontamento entre o seu sector e o de Esperanza Aguirre, naquela altura xa presidenta da Comunidade, sería constante entre 2004 e 2007.
Destaca do seu labor á fronte da alcaldía o proxecto Madrid Calle 30 consistente na remodelación da autoestrada M-30, que circunvala a cidade; incluíndo o seu soterramento no tramo no que o seu trazado coincide coa canle do río Manzanares. A obra durou 22 meses e viuse afectada polas polémicas das molestias que causaban as obras e polo arrincado de árbores. Outra polémica na que se envolveu Ruiz-Gallardón foi a instalación de parquímetros en Madrid. Promoveu a candidatura olímpica de Madrid para organizar os Xogos Olímpicos de 2016 (a candidatura para 2012, lanzada por José María Álvarez del Manzano, perdera fronte a Londres). Mantivo xestos que o aproximaron dunha posición centrista, como oficiar un matrimonio entre persoas do mesmo sexo ou como escribir un artigo laudatorio na morte de Jesús de Polanco, presidente do grupo PRISA, que lle provocaron a inimizade dos sectores máis conservadores do Partido Popular.
Nas eleccións municipais de 2007, Ruiz-Gallardón revalidaría a maioría absoluta na alcaldía fronte ao candidato do PSOE, Miguel Sebastián e o representante de Izquierda Unida Ángel Pérez.
Gallardón pediulle publicamente a Mariano Rajoy a súa inclusión nas listas electorais nos comicios xerais de 2008, nas listas de Madrid. Ocupar un escano de deputado non xeraría incompatibilidade legal, pero reforzaría a súa posición dentro do Partido Popular. O sector de Aguirre opúxose duramente, e finalmente non foi incluído nas listas, co que anunciou que deixaría a política en marzo de 2008[3].
Predecesor: Joaquín Leguina |
![]() Presidente da Comunidade de Madrid 1995 - 2003 |
Sucesor: Esperanza Aguirre |
Predecesor: José María Álvarez del Manzano |
![]() Alcalde de Madrid 2003 - 2011 |
Sucesor: Ana Botella |
Predecesor: Francisco Caamaño |
![]() Ministro de Xustiza de España 2011 - 2014 |
Sucesor: Rafael Catalá |
Persoal[editar | editar a fonte]
Alberto Ruiz-Gallardón está casado con María del Mar Utrera (filla do exministro franquista José María Utrera) e ten catro fillos (Alberto, José, Ignacio e Rodrigo). É católico practicante[4] e membro da Fundación Internacional Raoul Wallenberg, unha organización non gobernamental que promove a paz e o entendemento entre culturas.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Felipe Hernández Cava. Apuntes para a historia dun cómic subvencionado. Neuróptica. Zaragoza, 1988. páxina 56
- ↑ O "caso Naseiro", ABC, 21.5.1990,
- ↑ "Rajoy excluye a Gallardón de las listas y el alcalde decide abandonar la política", El País, 16 de xaneiro de 2008 (en castelán).
- ↑ http://www.publispain.com/revista/biografia-de-alberto-ruiz-gallardon.htm Arquivado 23 de maio de 2007 en Wayback Machine. Biografía de Alberto Ruiz Gallardón
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alberto Ruiz-Gallardón |
![]() |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
- Alcaldes de Madrid
- Presidentes da Comunidade de Madrid
- Ministros de España
- Nados en Madrid
- Nados en 1958
- Políticos do PP
- Alumnos da Universidade San Pablo CEU
- Deputados da II Lexislatura da Asemblea de Madrid
- Deputados da III Lexislatura da Asemblea de Madrid
- Deputados da IV Lexislatura da Asemblea de Madrid
- Deputados da V Lexislatura da Asemblea de Madrid
- Senadores por designación da Asemblea de Madrid
- Deputados no Congreso dos Deputados (X Lexislatura)