Cidadáns-Partido da Cidadanía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cidadáns–Partido da Cidadanía (C's)
Partido político de España
Cidadáns-logo.png
Dirixentes e organización
Líder Albert Rivera Díaz
Presidente
Matías Alonso
Secretario xeral
Juan Carlos Girauta
Portavoz no Congreso
Mocidades Agrupación de Jóvenes de Ciudadanos – Partido de la Ciudadanía (J's)
Filiación internacional Non ten
Historia
Fundación 1 de xuño de 2006
Posicións políticas
Ideoloxía Socialdemocracia,
socioliberalismo,
autonomismo,
laicismo,
constitucionalismo,
federalismo europeo,
centralismo,
neoespañolismo
Posición política Centro
Representación
Congreso dos Deputados
32 / 350
Parlamento Europeo
2 / 54
Parlamentos autonómicos
93 / 1.268
Concellais[1]
1.527 / 67.473
Outros datos
Sede Gran Via de les Corts Catalanes, 751, 1º2ª, 08013 Barcelona
Publicación s/d
Páxina web www.ciudadanos-cs.org

Cidadáns–Partido da Cidadanía (C's) (en catalán: Ciutadans-Partit de la Ciutadania, en castelán: Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía) é un partido político español que se autodefine no seu ideario como de centro reformista, se ben é frecuente que sexa cualificado por boa parte dos seus rivais políticos como partido nacionalista español con ideoloxía de dereitas[2][3]. Fundouse en Cataluña, e dende 2014 a súa actividade realízase en toda España.

Foi fundado en 2006, sendo o seu xerme a plataforma cívica Ciutadans de Catalunya. Declárase como un partido constitucionalista, postnacionalista[4] e progresista. Albert Rivera afirmou que escolleron a palabra "Cidadáns" como nome do partido porque lles gustaría ser «cidadáns do mundo».[5]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tivo a súa orixe nunha plataforma de 15 intelectuais e profesionais residentes en Cataluña que tiraron o 7 de xuño de 2005 un manifesto para a creación dun novo partido político en Cataluña na que se comprometían a impulsar a constitución dunha nova forza política de ámbito catalán que superase o nacionalismo que ó seu xuízo caracterizaba a todos os partidos cataláns e que asinaban Félix de Azúa, Albert Boadella, Francesc de Carreras, Arcadi Espada, Teresa Giménez Barbat, Ana Nuño, Félix Ovejero, Félix Pérez Romera, Xavier Pericay, Ponç Puigdevall, José Vicente Rodríguez Mora, Ferran Toutain, Carlos Trías, Iván Tubau e Horacio Vázquez-Rial.

Albert Rivera (2015)

Albert Rivera é o seu presidente e candidato á presidencia da Generalitat de Cataluña.

Nas eleccións de 2010 ó Parlamento de Cataluña conseguiu 89.567 votos (3,04 %), o que lle valeu tres escanos. Nas que se celebraron en 2012, aumentou a súa representación ata nove cadeiras no Parlament.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cidadáns-Partido da Cidadanía Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]