Saltar ao contido

Teófila Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTeófila Martínez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de xaneiro de 1948 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Santander Editar o valor en Wikidata
Deputada de España
8 de xullo de 2016 – 22 de febreiro de 2019 – José Ignacio Romaní Cantera (en) Traducir 

Circunscrición electoral: Cádiz

Deputada de España
30 de decembro de 2015 – 3 de maio de 2016

Circunscrición electoral: Cádiz

Deputada de España
28 de novembro de 2011 – 13 de xaneiro de 2016

Circunscrición electoral: Cádiz

Deputada de España
18 de marzo de 2008 – 27 de setembro de 2011

Circunscrición electoral: Cádiz

Senadora de España
10 de maio de 2000 – 14 de xaneiro de 2008

Circunscrición electoral: Cádiz
Deputada do Parlamento de Andalucía
12 de marzo de 2000 – 9 de marzo de 2008

Circunscrición electoral: Cádiz
Deputada de España
20 de marzo de 1996 – 5 de abril de 2000

Circunscrición electoral: Cádiz

Alcaldesa de Cádiz
18 de xuño de 1995 – 13 de xuño de 2015
 Carlos Díaz MedinaJosé María González Santos 
Deputada de España
21 de xuño de 1993 – 12 de setembro de 1995 – José Luis Landero Mateos 

Circunscrición electoral: Cádiz

Deputada de España
14 de novembro de 1989 – 29 de xuño de 1993

Circunscrición electoral: Cádiz

Datos persoais
ResidenciaCádiz Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítica Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor en Wikidata

BNE: XX5673238 Dialnet: 3258699

Teófila Martínez Saiz, nada en Santander (Cantabria) o 5 de xaneiro de 1948, é unha política española. É arquitecta técnica de profesión. Pertence ao Partido Popular, no que ingresou en 1977, por entón Alianza Popular. Foi alcaldesa de Cádiz e deputada do Congreso pola provincia de Cádiz.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En decembro de 1982 foi elixida secretaria xeral provincial de Alianza Popular en Cádiz. De 1983 até 1987 foi concelleira no concello de El Puerto de Santa María. É alcaldesa de Cádiz desde o ano 1995, sendo a alcaldesa máis votada das capitais de provincia de España nas eleccións municipais de 2003 e 2007, con arredor do 60% dos votos.[2] Coas eleccións municipais de 2011 revalida o cargo, manténdose como alcaldesa durante vinte anos.

Do seu goberno como alcaldesa destaca o soterramento da vía férrea ao seu paso por Cádiz, a consecución da Segunda Ponte do Goberno da Nación e a efeméride Cádiz 2012, organizada a nivel estatal grazas á aposta decidida do concello de Cádiz por conmemorar os douscentos anos da Constitución de Cádiz de 1812.

Foi senadora pola comunidade autónoma de Andalucía (2000-2004). Presidiu o PP de Andalucía desde 1999 até 2004, perdendo as eleccións ao Parlamento de Andalucía nos anos 2000 e 2004, sendo substituída posteriormente por Javier Arenas. Exerceu de portavoz do PP na Comisión de Obras Públicas do Congreso dos Deputados e coordinadora de Comisións do Grupo Popular no Congreso. Presidenta estatal de Mulleres para a Democracia e membro do Comité Executivo Nacional do PP.

  1. "Ficha na web do Congreso dos Deputados". Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2020. Consultado o 04 de setembro de 2021.
  2. La voz Digital. Post-elecciones 2007

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]