Partido Socialista de Navarra
Partido Socialista de Navarra | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Tipo | organización política ![]() | ||
Parte de | Partido Socialista Obrero Español ![]() | ||
Ideoloxía política | socialdemocracia ![]() | ||
Personalidades | |||
Presidente/a | Roberto Jiménez (pt) ![]() ![]() | ||
Secretario/a | María Chivite ![]() | ||
Entidades | |||
Membro de
| |||
Data | |||
Fundación | 1974 ![]() | ||
Localización | |||
País | España ![]() | ||
Sede | Pamplona ![]() | ||
Contacto | |||
Páxina WEB | psn-psoe.org ![]() | ||
[ Wikidata ] |
O Partido Socialista de Navarra (PSN-PSOE) (en éuscaro Nafarroako Alderdi Sozialista) é a federación do Partido Socialista Obreiro Español na Comunidade Foral de Navarra. Constituíse en xuño de 1982, cando a Agrupación Socialista de Navarra do PSOE, integrada até aquelas no Partido Socialista de Euskadi (PSE), segregouse deste para formar a súa propia federación.
Gobernou Navarra en tres ocasións, ostentando en dúas delas a presidencia: 1984-1991 (con Gabriel Urralburu como presidente e en solitario), e en 1995-1996 (con Javier Otano como presidente, e en coalición con CDN e EA). De 2011 a 2012 gobernou en coalición con UPN (con Yolanda Barcina como presidenta e Roberto Jiménez como vicepresidente do goberno).
O 15 de xuño de 2012, a presidenta do Goberno de Navarra, Yolanda Barcina, destituíu o vicepresidente e secretario xeral do PSN, Roberto Jiménez, acusándoo de "comportamento desleal" por ter denunciado un déficit nas contas públicas da comunidade foral. Este feito provocou o abandono do PSN do goberno e o seu paso á oposición.[1]
Líderes
[editar | editar a fonte]Desde a súa fundación en 1982, o PSN tivo como secretarios xerais a:
- Gabriel Urralburu (1982-1994)
- Javier Otano (1994-1996)
- Juan José Lizarbe (1997-2004)
- Carlos Chivite (2004-2008)
- Roberto Jiménez (2008-)
Organización xuvenil
[editar | editar a fonte]A organización xuvenil afín ao PSN-PSOE é Juventudes Socialistas de Navarra ("Nafarroako Gazte Sozialistak" en éuscaro e cooficialmente), e está integrada nas Xuventudes Socialistas de España.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Barcina destituye a Jiménez y el PSN abandona el Gobierno Foral Arquivado 20 de agosto de 2014 en Wayback Machine., EiTB, 15 de xuño de 2012.