Paz Fernández Felgueroso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Paz Fernández Felgueroso

3 de xullo de 1999 – 11 de xuño de 2011
Precedido por Vicente Álvarez Areces
Sucedido por Carmen Moriyón Entrialgo

28 de xullo de 1987 – 11 de xullo de 1991
Presidente Pedro de Silva
Precedido por Julio Gavito Omaña
Sucedido por Víctor Zapico Zapico

10 de xuño de 1987 – 17 de decembro de 1993

Datos persoais
Nacemento 28 de setembro de 1937 (81 anos)
Xixón, Asturias
Partido Partido Socialista Obrero Español (PSOE)
Profesión Avogada

Paz Fernández Felgueroso, nada en Xixón o 28 de setembro de 1937, é unha política asturiana. É membro do PSOE e foi alcaldesa de Xixón desde 1999 até 2011.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Asistencia Social en Xixón e Dereito na Universidade de Oviedo. Entre 1965 e 1967 exerceu como profesora na Escola de Asistentes Sociais de Xixón. Máis tarde, tamén exercería como avogada, traballo que alternaría co desempeño de diferentes funcións tanto de carácter técnico como político durante máis de tres décadas.

Ocupou diversas responsabilidades durante os gobernos socialistas na década de 1980:

Posteriormente, formou parte da candidatura do PSOE á Xunta Xeral do Principado nas eleccións autonómicas de maio de 1987, resultando elixida Deputada. Ademais, durante esa lexislatura (1987-1991) foi Conselleira de Industria, Comercio e Turismo do Goberno presidido por Pedro de Silva.[1] Foi tamén Presidenta do Instituto de Fomento Rexional.

Revalidou o seu escano de deputada na JGPA tras as eleccións autonómicas de 1991, aínda que renunciou ao mesmo en 1993, cando foi nomeada Secretaria de Estado de Asuntos Penitenciarios durante o último goberno de Felipe González (1993-1996).

Tras tres anos sen responsabilidades públicas, en 1999 é elixida para encabezar a candidatura do PSOE á alcaldía de Xixón nas eleccións municipais que se celebraron en xuño dese ano, tras ter sido designado, o entón alcalde Vicente Álvarez Areces, candidato á Presidencia do Principado. Conseguiu a vitoria por maioría absoluta e revalidouna nas eleccións de 2003 e 2007. Compaxinou o cargo de Alcaldesa de Xixón co de Vicepresidenta de Cajastur até abril de 2009.[2]

O 19 de xullo de 2010, anunciou que non se presentaría á reelección nas eleccións municipais que se celebraron en maio de 2011, despois de tres lexislaturas á fronte da alcaldía de Xixón.[3] Tras esta decisión, o PSOE de Xixón designou a Santiago Martínez Argüelles como candidato á Alcaldía de Xixón para as eleccións municipais de 2011.

Ademais, foi membro da Xunta de Protección de Menores de Xixón, Presidenta da Asociación Profesional de Asistentes Sociais en Asturias e a nivel estatal, así como Presidenta do Consello de Colexios Profesionais de Asistentes Sociais. Igualmente foi cofundadora e Presidenta da Asociación Feminista Democrática Asturiana, sendo firme portavoz e defensora da igualdade de xénero ao longo da súa traxectoria política.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Consejos de Gobierno del Principado de Asturias desde 1982. Junta General del Principado de Asturias. [1] Arquivado 03 de outubro de 2010 en Wayback Machine.. Consultado o 3 de xaneiro de 2013.
  2. Iglesias Caunedo, del PP de Oviedo, accede a la vicepresidencia segunda de Cajastur. La Nueva España. [2]. Consultado o 3 de xaneiro de 2013.
  3. La regidora comunica al PSOE su renuncia a ser candidata a la Alcaldía por cuarta vez. La Nueva España.[3]. Consultado o 3 de xaneiro de 2013.
Predecesor:
Julio Gavito Omaña
Escudo de Asturias.svg
Conselleira de Industria do Principado de Asturias

1987-1991
Sucesor:
Víctor Zapico Zapico
Predecesor:
Antoni Asunción Hernández
Escudo de España (mazonado).svg
Secretaria de Estado de Asuntos Penitenciarios

1993-1996
Sucesor:
Ángel Yuste Castillejo
Predecesor:
Vicente Álvarez Areces
Escudo gijon.svg
Alcaldesa de Xixón

1999-2011
Sucesor:
Carmen Moriyón Entrialgo