Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1985

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
‹ 1981 • Galicia • 1989
Eleccións ao Parlamento de Galicia
71 escanos do Parlamento
24 de novembro de 1985
Tipo Lexislativa
Período 1985-1998

Demografía electoral
Votantes 1 277 897
Participación
  
57.4% Green Arrow Up.svg 24%
Votos en branco 8.627

Resultados
Xerardo Fernandez Albor.JPG
Coalición Popular de Galicia (AP-PDP-PL) - Xerardo Fernández Albor
Votos 516.218 Green Arrow Up.svg 71.5%
Escanos obtidos 34 Green Arrow Up.svg 30.8%
  
40.4%
No flag.svg
Partido dos Socialistas de Galicia - Fernando González Laxe
Votos 361.948 Green Arrow Up.svg 87.1%
Escanos obtidos 22 Green Arrow Up.svg 37.5%
  
28.3%
No flag.svg
Coalición Galega - Pablo González Mariñas
Votos 165.425  
Escanos obtidos 11  
  
12.8%
Camilo Nogueira (AELG)-4.jpg
Partido Socialista Galego-Esquerda Galega - Camilo Nogueira Román
Votos 71.599 Green Arrow Up.svg 113.7%
Escanos obtidos 3 Green Arrow Up.svg 200%
  
5.75%
Beiras 2012.jpg
Bloque Nacionalista Galego - Xosé Manuel Beiras
Votos 53.972 Red Arrow Down.svg 12.8%
Escanos obtidos 1 Red Arrow Down.svg 66.7%
  
4.23%

Distribución de escanos no Parlamento
Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1985

Escudo de la Xunta de Galicia.svg
Presidente da Xunta de Galicia

As eleccións ao Parlamento de Galicia de 1985 celebráronse o 24 de novembro. Cun censo de 2 226 449 electores, os votantes foron 1 277 897 (57,4%) e 948.552 as abstencións (41,9%). Contabilizáronse 8.627 (0,7%) votos en branco. Coalición Popular gañou por maioría relativa, e conseguiu manter de presidente da Xunta de Galicia a Xerardo Fernández Albor grazas á abstención de Coalición Galega, o que provocaría unha escisión de 5 deputados neste partido encabezados por Pablo González Mariñas que pasaron ao Grupo Mixto. En setembro de 1986 ese grupo de deputados crean o Partido Nacionalista Galego. Tamén ese ano, o PDP, e en 1987 o PL, abandonan CP pero permanecen no Grupo Popular.

En outubro de 1986 Xosé Luís Barreiro é destituído como Vicepresidente da Xunta e expulsado de AP, formando xunto con outros 4 deputados desta o seu propio grupo político, Unión Democrática Galega (UDG), que en xuño de 1987 se integrou en Coalición Galega. En xullo dese ano un deputado de CG dimite e o seu substituto inscríbese no Grupo Popular.

Como resultado deste cambio de correlación de forzas, en novembro de 1987 aprobouse unha moción de censura que permitiu a investidura como presidente da Xunta a Fernando González Laxe (PSdeG-PSOE), co apoio de PSdG, CG-UDG, PNG e PSG-EG, co voto en contra de AP e a abstención do BNG.

En 1988 o PNG e o Partido Galeguista Nacionalista fusiónanse para formar o Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista (PNG-PG), e en febreiro dese mesmo ano o líder do PDP Alejandrino Fernández Barreiro pásase do Grupo Popular ao de Coalición Galega. Finalmente, entre 1988 e 1989, dous deputados do PSdG e dous do PNG-PG pásanse ao Grupo Mixto.

Resultados[editar | editar a fonte]

Eleccións ao Parlamento de Galicia 1985

Presidente e goberno Partido Candidato Votos % Escanos +/-
  • Presidente: Xerardo Fernández Albor (1985-novembro 1987)
    Fernando González Laxe (novembro 1987-1989)
  • Goberno: CP (1985-novembro 1987)
    PSdeG-PNG-CG (novembro 1987-1989)
  • Censo: 2 226 449
    • Votantes: 1 277 897 (57,4%)
    • Abstención: 948.552 (42,6%)
      • Válidos: 1 262 564
        • A candidatura: 1 253 937 (99,3%)
  • Escanos: 71
Coalición Popular de Galicia (AP-PDP-PL) a Gerardo Fernández Albor 516.218 40,4 34b +8
Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE (PSG-PSOE) Fernando González Laxe 361.948 28,3 22 +6
Coalición Galega (CG) Pablo González Mariñas 165.425 12,8 11 +11
Partido Socialista Galego-Esquerda Galega (PSG-EG) Camilo Nogueira 71.599 5,75 3 +2 c
Bloque Nacionalista Galego (BNG) Xosé Manuel Beiras 53.972 4,23 1 -2
Centro Democrático y Social (CDS) 41.411 3,30 0
Partido Comunista de Galicia (PCG-PCE) 10.625 0,85 0 -1
Partido Socialista dos Traballadores (PST) 9.689 0,77 0
Partido Comunista de Galicia (Marxista-Revolucionario) (PCG (m-r)) 8.318 0,66 0
Plataforma Humanista (PH) 7.280 0,58 0
Partido Galego do Campo (PGC) 3.172 0,25 0
Falange Española de las JONS (FE JONS) 2.922 0,23 0
Partido Comunista de España (m-l) (PCE (m-l)) 1.554 0,12 0
Unidade Socialista Galega (USG) 1.379 0,11 0
Movemento Comunista de Galicia (MCG) 1.327 0,11 0
Unión de Centro Democrático (UCD) N/A N/A 0 -24
En branco 8.627 0,70 N/A N/A
Nulos N/A N/A

a Máis Centristas de Galicia.
b Deles 20 de AP, 7 do PDP, 4 do PL, 2 de CdG e 1 independente.
c Respecto al PSG y EG por separado en 1981.

Parlamentarios electos[editar | editar a fonte]

Por Coalición Popular[editar | editar a fonte]

Polo PSdeG[editar | editar a fonte]

Por Coalición Galega[editar | editar a fonte]

Polo Partido Socialista Galego-Esquerda Galega[editar | editar a fonte]

Polo BNPG[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]