Antonio Olives Quintás

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antonio Olives Quintás
Nacemento1952
Falecemento18 de novembro de 2009
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Antonio Olives Quintás, nado en Ferrol en 1952 e finado na Habana o 16 de novembro de 2009, foi un profesor e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Diplomado en Maxisterio pola Universidade de Santiago de Compostela e en Filoloxía inglesa pola UNED, exerceu como profesor durante 26 anos no sector privado, antes de dar o paso á actividade política.[1]

Integrante do Partido Gallego Independiente, foi deputado do Parlamento de Galicia por UCD en 1981, do que foi secretario dende o 21 de outubro de 1982. En 1983 foi un dos promotores de Coalición Galega con Pablo González Mariñas e Xosé Henrique Rodríguez Peña. Volveu ser deputado na II lexislatura (1985-1989) por Coalición Galega e pasou a Grupo Mixto en novembro de 1986.[2] Posteriormente integrouse no PNG sendo o seu número dous e portavoz parlamentario. En 1989 encabezou a lista do PNG na candidatura da coalición Europa dos Pobos ao Parlamento Europeo.

Abandonou a vida política e dirixiu varias empresas de relacións internacionais que tiñan a súa dirección centralizada en Cuba, onde faleceu o 16 de novembro de 2009.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Datos biográficos de Olives Quintás Arquivado 10 de abril de 2017 en Wayback Machine. en Galicia Política.
  2. López Latorre, Rafael. Trinta anos do Parlamento de Galicia. Parlamento de Galicia. 2011. Páxinas 16, 17, 48, 69. [ISBN 978-84-7836-097-0]
  3. Noticia do seu falecemento Arquivado 09 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en El Correo Gallego. 17 de novembro de 2009.