Ricardo Pérez Queiruga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ricardo Pérez Queiruga
Nacemento10 de marzo de 1929
Lugar de nacementoRibeira
Falecemento11 de maio de 2017
Lugar de falecementoRibeira
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Ricardo Pérez Queiruga, nado en Ribeira o 10 de marzo de 1929 e finado ibídem o 11 de maio de 2017, foi un mestre, empresario e político galego.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pérez Queiruga traballou como profesor de educación física. Foi destinado ao Bierzo como profesor. Alí, foi nomeado alcalde do concello de Berlanga del Bierzo (León) en 1963, e permaneceu no posto ata 1965. Nese ano trasladouse a Ribeira para ocupar unha praza de docente na escola de Aguiño, que simultaneou tamén traballando no Colexio Galaxia, un centro de ensino local, onde estivo dando clase durnte unha década, ata 1975. Tamén deu clase de bacharelato en Ribeira. Durante un breve tempo tamén traballou como director da Caixa de Aforros de Santiago en Aguiño, foi patrón maior de Aguiño e ademais creou en 1974 unha empresa de fabricación de anzois para pesca, A Poutada, que acabou evolucionando nunha firma de material de pesca e de navegación deportiva.

O gobernador civil da Coruña, Miguel Vaquer, nomeouno alcalde de Ribeira en 1975. Pasou a formar parte de Alianza Popular. Nas Eleccións Xerais de 1979 formou parte da candidatura de Coalición Democrática (formada por AP) ao Congreso dos Deputados, se ben non resultou elixido. Encabezou esa mesma formación en Ribeira nas primeiras eleccións municipais dese mesmo ano, logrando sela forza máis votada pero sen lograla alcaldía, xa que os demais grupos apoiaron ao candidato de UCD Lisardo Valeiras Bravo. Foi elixido Deputado autonómico por Alianza Popular tralas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1981, sendo nomeado Director Xeral de Pesca da Xunta de Galicia polo goberno de Xerardo Fernández Albor. Volveu a ser elixido parlamentario tralas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1985, sendo nesa lexislatura Presidente da Comisión de Pesca do Parlamento e dende febreiro de 1987 portavoz parlamentario do grupo popular.

Nas eleccións de 1987 presentouse novamente á alcaldía de Ribeira por Alianza Popular, e se ben conseguiu só cinco concelleiros e quedou segunda forza, obtivo a alcaldía ao pactar con outras forzas políticas (a CPG e o CDS), polo cal renunciou aos seus cargos no Parlamento de Galicia. Nese mandato foi elixido deputado provincial. En marzo de 1989 superou unha moción de censura presentada polos socialistas. Nas Eleccións Xerais de 1989 foi elixido senador pola provincia da Coruña na IV lexislatura (1989-1993). Abandonou a alcaldía en 1991 tras decidir non presentarse á reelección.

Xa xubilado, licenciouse en Ciencias Políticas e da Administración pola USC, á idade de 75 anos.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Ángel Abalo de la Torre
 
Alcalde de Ribeira
 
1975 - 1979
Sucesor:
Lisardo Valeiras
Predecesor:
José Antonio Ventoso Mariño
 
Alcalde de Ribeira
 
1987 - 1991
Sucesor:
José Luis Torres Colomer