Cándido Sánchez Castiñeiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCándido Sánchez Castiñeiras
Biografía
Nacemento11 de decembro de 1941 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Deputado do Parlamento de Galicia
17 de decembro de 1985 – 24 de agosto de 1993
Senador de España
20 de novembro de 1977 – 31 de agosto de 1982
Circunscrición electoral: Lugo (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Cándido Sánchez Castiñeiras, nado en Santiago de Compostela o 11 de decembro de 1941, é un médico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou o bacharelato no Colexio Manuel Peleteiro en Santiago de Compostela. É licenciado en Medicina e Cirurxía pola Facultade de Medicina de Santiago. Pertence ao Corpo Médico da Sanidade Nacional e ao Corpo Médico da Mariña Civil.

Foi médico especialista na Escola Nacional de Sanidade e no Centro Nacional de Microbioloxía, Viroloxía e Inmunoloxía Sanitarias, Subxefe Provincial de Sanidade de Lugo en 1969, Xefe Provincial de Sanidade de Lugo entre 1971 e 1979, pasando despois a ocupar a Dirección de Saúde de Lugo. Foi profesor de Saúde Pública na Escola Universitaria de Enfermería de Lugo, presidente da Academia Médico Cirúrxica de Lugo, dende a súa fundación en 1973 ata 1977, vicepresidente da Comisión Delegada de UNICEF en Lugo de 1974 a 1995, vicepresidente da Asociación Española de Biopatoloxía Médica AEBM, presidente do Comité Técnico da Asociación Española Contra o Cancro AECC e académico correspondente da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia.

Actividade política[editar | editar a fonte]

Comezou a súa vida política en 1977, sendo elixido senador da UCD, pola provincia de Lugo, nas Cortes Constituíntes. Volveu ser elixido senador da UCD na I Lexislatura. Tomou parte nas negociacións das transferencias sanitarias á Xunta de Galicia. Foi o poñente do Documento ideolóxico no Congreso Constituínte de Coalición Galega celebrado en Vigo en 1985. Membro da Executiva Nacional de Coalición Galega e Presidente de Coalición Galega en 1990. Foi deputado por Lugo no Parlamento Galego nas lexislaturas 1985-1989 e 1989-1993 e portavoz Parlamentario en ámbalas lexislaturas. Foi concelleiro e tenente de alcalde no Concello de Lugo (1987-1991) e voceiro do Grupo municipal da Coalición Progresista Galega. O 24 de xuño de 1988 presentou unha moción no pleno do Concello de Lugo na que solicitaba que se iniciasen os trámites para que a Muralla de Lugo fora declarada Patrimonio da Humanidade. Foi deputado provincial na Deputación de Lugo e voceiro do Grupo Provincial de Coalición Galega na Deputación de Lugo (1987-91)

Obras[editar | editar a fonte]

  • Necesidades de personal médico en Galicia, 1972.
  • Concepto general y puesta en marcha de la Medicina Preventiva en el medio rural gallego, 1972.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]