Alfredo Atrio García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alfredo Atrio García
Nacemento8 de maio de 1936
 Paizás
Falecemento13 de febreiro de 2011
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestre e político
editar datos en Wikidata ]

Alfredo Atrio García, nado en Paizás (Ramirás) o 8 de maio de 1936 e finado en Santiago de Compostela o 13 de febreiro de 2011[1], foi un mestre e político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mestre nacional, afiliouse ao PSOE. Foi Secretario Xeral da agrupación do Barco de Valdeorras, da comarcal de Valdeorras e membro do Comité Nacional do PSdeG-PSOE. Foi deputado no Parlamento de Galicia na segunda lexislatura, entre decembro de 1987 e outubro de 1989, cubrindo a baixa de Manuel Veiga Pombo. Abandonou a militancia socialista en xullo de 1989 logo da votación do mapa sanitario de Galicia.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]