Emilio González Afonso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Emilio González Afonso
Nacemento25 de abril de 1954
Lugar de nacementoVerín
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmédico e político
editar datos en Wikidata ]

Emilio González Afonso, nado en Verín o 25 de abril de 1954, é un médico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Integrado en Coalición Galega, foi candidato ás autonómicas de 1985, pero non saíu elixido, aínda que foi parlamentario autonómico en setembro de 1986 en substitución de Senén Bernárdez Álvarez. Foi candidato á alcaldía de Verín nas eleccións municipais de 1991. Foi elixido alcalde de Verín logo dunha moción de censura o 17 de outubro de 1991.[1] Posteriormente integrouse no PSdeG-PSOE e encabezou a candidatura socialista nas municipais de 2003. Volveu ser elixido alcalde en 2004 grazas a un pacto co grupo independente Ver.In e o BNG. En xullo de 2018 foi nomeado subdelegado do goberno na provincia de Ourense.


Predecesor:
Santiago Cid Harguindey
 
Alcalde de Verín
 
1991 - 1995
Sucesor:
Xoán Manuel Jiménez Morán
Predecesor:
Xoán Manuel Jiménez Morán
 
Alcalde de Verín
 
2004 - 2007
Sucesor:
Xoán Manuel Jiménez Morán

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 18-10-1991, p. 31.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]