Antonio Carro Fernández-Valmayor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antonio Carro Fernández-Valmayor
Nacemento1945
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e avogado
editar datos en Wikidata ]

Antonio Carro Fernández-Valmayor, nado o 16 de setembro de 1945 na Coruña, é un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela e mais é diplomado en urbanismo e ordenación do territorio e técnico da Administración Civil do Estado, alén de profesor de dereito constitucional na USC e membro da Asociación Española de Ciencia Rexional, da Asociación de Estudos Galegos, do Instituto de Estudos de Galicia, da loxa Renacemento 54 e da loxa Curros Enríquez da masonería[1] e da Fundación Pablo Iglesias.

Nas eleccións xerais de 1979 resultou elixido senador pola provincia da Coruña polo PSOE. Tamén foi deputado no Parlamento de Galicia de 1981 a 1997 polo PSdeG-PSOE, parte deses anos actuou como voceiro do seu grupo parlamentario e vicepresidente da cámara. Asumiu os postos de Secretario Xeral da Grande Área de Expansión Industrial de Galicia e subdelegado provincial do Ministerio de Obras Públicas e Urbanismo.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]