Fernando González Laxe
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2019.) |
Fernando González Laxe | |
![]() De esquerda a dereita, González Laxe, Xoaquín Fernández Leiceaga e Emilio Pérez Touriño, nunha xuntanza no 2016. | |
26 de setembro de 1987 – 5 de febreiro de 1990 | |
Vicepresidente | Xosé Luís Barreiro e Javier Suárez Vence |
Precedido por | Gerardo Fernández Albor |
Sucedido por | Manuel Fraga Iribarne |
Datos persoais
| |
Nacemento | 6 de setembro de 1952 (70 anos) A Coruña, España |
Partido | PSdeG-PSOE |
Profesión | Profesor de universidade, política |
Fernando González Laxe, nado na Coruña o 6 de setembro de 1952, é un político galego que foi Presidente da Xunta de Galicia co goberno tripartito, entre o 28 de setembro de 1987 e o 2 de febreiro de 1990.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Formación[editar | editar a fonte]
É licenciado e doutor en Ciencias Económicas. Principiou a súa carreira profesional en 1975 como profesor de estrutura económica no Colexio Universitario da Coruña, foi un dos fundadores de ADEGA, chegando a ser o seu secretario xeral[1] e afiliado ó Partido Socialista Galego.
Política[editar | editar a fonte]
González Laxe foi candidato ó Congreso dos Deputados nas eleccións xerais de 1977 polas listas do Partido Socialista Galego e ó senado nas de 1979 xa polo Partido dos Socialistas de Galicia, sen obter escano en ningunha delas. Co PSdeG-PSOE foi secretario da Xunta preautonómica en 1978 e posteriormente subdirector xeral de Pesca (1979-1980). Nas eleccións municipais de 1979 foi elixido concelleiro na Coruña e foi tenente de alcalde e voceiro do PSdeG no concello ata 1982.
Trala vitoria socialista nas eleccións xerais de 1982 foi nomeado director xeral de ordenación pesqueira do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación asemade que representante español na Conferencia Mundial da FAO sobre pesca e no II Congreso Latinoamericano de Pesca. Desde o seu posto no ministerio foi o responsable das negociacións pesqueiras de España coa Comunidade Económica Europea.
En novembro de 1985 foi o candidato do PSdeG á presidencia da Xunta de Galicia, eleccións que gañou Coalición Popular e o seu candidato Xerardo Fernández Albor formou goberno. En 1987 González Laxe presentou unha moción de censura contra o goberno de Fernández Albor trala marcha de Xosé Luís Barreiro, contando ademais, tras o coñecido como Pacto dos Tilos, co apoio de Coalición Galega e o Partido Nacionalista Galego cos que formou un goberno de coalición tripartito o 28 de setembro de 1987 con Barreiro de vicepresidente. Presidente do PSdeG desde 1988 e o seu candidato nas eleccións autonómicas de 1989 e malia obter os mellores resultados ata o momento para o seu partido (28 escanos) non puido impedir a vitoria de Manuel Fraga, o candidato do Partido Popular, por maioría absoluta.
En 1986 foi designado senador en representación da comunidade autónoma, posto no que permaneceu ata 1989.
Retirada da política activa[editar | editar a fonte]
No ano 2000 deixou o posto de senador e en 2001 deixou de ser deputado no Parlamento de Galicia. Non volveu ocupar postos de relevancia política e na actualidade é catedrático de economía aplicada na Universidade da Coruña. En abril de 2009 foi nomeado presidente do Organismo Público Portos do Estado[2].
Obra en galego[editar | editar a fonte]
Ensaio[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Información na web de ADEGA". Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2008. Consultado o 27 de maio de 2008.
- ↑ Nova en El Correo Gallego (en castelán)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
Predecesor: Xerardo Fernández Albor |
![]() Presidente da Xunta de Galicia 1987 - 1989 |
Sucesor: Manuel Fraga Iribarne
|
- Presidentes da Xunta de Galicia
- Medalla de Ouro de Galicia
- Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE
- Nados na Coruña
- Nados en 1952
- Profesores da Universidade da Coruña
- Senadores por designación do Parlamento de Galicia
- Deputados da II Lexislatura do Parlamento de Galicia
- Deputados da III Lexislatura do Parlamento de Galicia