Xunta de Galicia de 2022

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tras a dimisión de Alberto Núñez Feijóo para ocupar a presidencia do PP e o liderado da oposición en maio de 2022, o até entón vicepresidente Alfonso Rueda foi elixido presidente polo Parlamento de Galicia.

Deste xeito, o consello da Xunta sufriu unha reconfiguración con novos conselleiros, mantendo as dúas vicepresidencias e asumindo o presidente as competencias da Consellaría de Turismo.[1]

En 2023 houbo unha remuda ao se presentaren algúns membros do gabinete da Xunta ás eleccións xerais.[2]

Composición[editar | editar a fonte]

Primeiro Goberno Rueda

14 de maio de 2022 - 14 de xuño de 2023

Partido Popular de Galicia
Independente
Presidencia da Xunta e Consellaría de Turismo Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidencia Primeira e Consellaría de Economía, Industria e Innovación Francisco Conde López
Vicepresidencia Segunda e Consellaría de Presidencia, Xustiza e Deportes Diego Calvo Pouso
Consellaría de Facenda e Administración Pública Miguel Corgos López-Prado
Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio Ángeles Vázquez Mejuto
Consellaría de Infraestruturas e Mobilidade Ethel Vázquez Mourelle
Consellaría de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade Román Rodríguez González
Consellaría de Promoción de Emprego e Igualdade María Jesús Lorenzana Somoza
Consellaría de Sanidade Julio García Comesaña
Consellaría de Política Social e Xuventude Fabiola García Martínez
Consellaría do Medio Rural José González Vázquez
Consellaría do Mar Rosa Quintana Carballo

Tras a remuda de xuño de 2023 a estrutura da Xunta é a seguinte:

Reforma do primeiro goberno Rueda

14 de xuño de 2023 - 13 de abril de 2024

Partido Popular de Galicia
Independente
Presidencia da Xunta e Consellaría de Turismo Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidencia Primeira e Consellaría de Presidencia, Xustiza e Deportes Diego Calvo Pouso
Vicepresidencia Segunda e Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda Ángeles Vázquez Mejuto
Consellaría de Facenda e Administración Pública Miguel Corgos López-Prado
Consellaría de Infraestruturas e Mobilidade Ethel Vázquez Mourelle
Consellaría de Economía, Industria e Innovación María Xesús Lourenzana Somoza
Consellaría de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade Román Rodríguez González
Consellaría de Política Social e Xuventude Fabiola García Martínez
Consellaría de Sanidade Julio García Comesaña
Consellaría de Promoción de Emprego e Igualdade Elena Rivo López
Consellaría do Medio Rural José González Vázquez
Consellaría do Mar Alfonso Villares Bermúdez


Predecesor:
Xunta de Galicia de 2020
 
Xunta de Galicia de 2022
 
2022 - 2024
Sucesor:
Xunta de Galicia de 2024

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Diario Oficial de Galicia Número 94". Diario Oficial de Galicia. 16 de maio de 2022. 
  2. "Feijoó desmantela á Xunta e descabeza o PP no Parlamento". Praza Pública. 14 de xuño de 2023.