A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza foi unha consellería da Xunta de Galicia existente entre 1983 e 2018. Tivo como principais funcións a xestión das relacións da Xunta coas administracións locais e de xustiza. Tamén se ocupaba da xestión interna e da administración autonómica, así como da policía autonómica de Galicia. O seu último conselleiro foi Alfonso Rueda.
A consellería de presidencia tivo distintas denominacións e funcións ao longo da historia. Ademais, durante algúns períodos levou tamén aparellado o cargo de vicepresidencia da Xunta.
Xosé Luís Barreiro Rivas (1982-1983). Primeiro como conselleiro de Presidencia e en 1983 como conselleiro de Presidencia e Xustiza. Ese mesmo ano volve ser unicamente conselleiro de Presidencia, pero co engadido de ocupar a vicepresidencia de asuntos políticos.
Dositeo Rodríguez (1989-1999). Conselleiro de Presidencia e Administración Pública.
Jaime Pita (1999-2005). Conselleiro de Presidencia e Administración Pública, e a partir de 2001, conselleiro de Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.
José Luis Méndez Romeu (2005-2009). Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.