Saltar ao contido

Fernando Garrido Valenzuela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFernando Garrido Valenzuela
Biografía
Nacemento10 de xaneiro de 1949 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
8 de novembro de 1982 – 26 de xaneiro de 1984 – Alfonso Tomás Martín Suárez →

Circunscrición electoral: Pontevedra

Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsIrene Garrido Valenzuela Editar o valor en Wikidata

BUSC: garrido-valenzuela-fernando-1949

Fernando Garrido Valenzuela, nado en Madrid o 10 de xaneiro de 1949, é un enxeñeiro e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Cursou estudos de primaria e bacharelato no Instituto Ramiro de Maeztu. Ingresou na Escola Superior de Enxeñieros Agrónomos de Madrid en 1968. Exerceu como enxeñeiro agrónomo na Bandeira e en Frigolouro (O Porriño). En 1976 independízase e monta a aús propia industria agropecuaria en Silleda. Foi cabeza de lista de Coalición Democrática nas primeiras eleccións municipais no concello de Silleda. Foi cabeza de lista de Alianza Popular pola Circunscrición electoral de Pontevedra nas eleccións de 1982 e foi elixido deputado. Foi Secretario da Comision de Agricultura e Pesca do Congreso. En 1984 renunciou ao seu escano ao ser nomeado Conselleiro de Agricultura. Nas eleccións autonómicas de 1985 figurou como número dous na candidatura de Alianza Popular por Lugo, e foi elixido deputado. Continuou no cargo de conselleiro até 1986, de feito, durante uns meses entre 1985 e 1986 ocupou ademais as carteiras de Pesca e Alimentación, unidas á de Agricultura.

Ao ano seguinte, en 1987, foi un dos conselleiros que acompañou a Xosé Luís Barreiro cando este deixou o goberno de Xerardo Fernández Albor, e mesmo abandonara AP meses antes que Barreiro, presentándose a concelleiro por Independentes de Galicia nas eleccións municipais de 1987 por Pontevedra. De feito, non só sae elixido concelleiro, senón que o cabeza de lista José Rivas Fontán vence nas eleccións e faise coa alcaldía. Cando Barreiro deixou AP integrouse canda el no grupo parlamentario de Coalición Galega, durante o período comprendido entre o 1987 e o 1989.

Despois de estar afastado da vida política, en 2009 foi nomeado por Alberto Núñez Feijóo presidente do padroado do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

É irmán da tamén deputada Irene Garrido.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Jaime Rey de Roa
 
conselleiro de Agricultura
 
1984-1986
Sucesor:
Ángel Ruiz Fidalgo