Consellería de Familia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

A Consellería de Familia foi unha antiga consellería da Xunta de Galicia que se encargou de tarefas relacionadas coa xestión de contidos de carácter social e transversal, que non tiñan acomodo dentro do organigrama habitual da Xunta. Así, ao longo da súa historia ocupouse do deporte, da mocidade ou da muller. Na actualidade, as competencias sobre estes temas están repartidos entre diversas consellerías, especialmente a consellería de Traballo e Benestar.

Historia[editar | editar a fonte]

A creación da consellería de Familia remonta a 1993 cando asumiu as competencias de Muller e Xuventude. Posteriormente adquiriría progresivamente as competencias sobre a promoción do emprego, sobre deporte e sobre xestión do voluntariado, especialmente importante como consecuencia da catástrofe do Prestige. Desapareceu en 2005, cando as súas competencias se integraron na consellería de Traballo, na de Cultura e Deporte e na de Igualdade e Benestar. Todas as conselleiras ao longo da súa historia foron mulleres.

Conselleiras[editar | editar a fonte]

  • Manuela López Besteiro (1993-2003). Ata 1997 co nome de Consellería de Familia, Muller e Xuventude, e dende ese ano xa como consellería de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.
  • Pilar Rojo (2003-2005), como conselleira de Familia, Xuventude e Voluntariado, e a partir de 2004 tamén como conselleira de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.