Rosa Gómez Limia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1943 (80/81 anos) Barbantes, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | política |
Rosa Gómez Limia, nada en Barbantes (Punxín) en 1943, é unha política galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Perito mercantil. Foi candidata do PSdeG-PSOE á alcaldía de Mugardos nas eleccións municipais de 1979, 1983 e 1987. Nesa última ocasión foi a candidatura máis votada, pero non logrou a alcaldía dado o pacto entre o PTG-UC, BNG e Esquerda Unida, que permitiu seguir a Manuel Fariña Doval na alcaldía[1]. Foi candidata ao Parlamento de Galicia pola provincia da Coruña nas eleccións autonómicas de 1985 polo PSdeG; non resultou elixida, pero tomou posesión como parlamentaria o 20 de decembro de 1988 logo da renuncia de Jesús Mosquera Sueiro. Posteriormente licenciouse en Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela (2002). Xuíza de paz en Teo dende 2011, é presidenta da asociación Teenses pola Igualdade. Entre os seus artigos están "A prostitución en Galicia, un problema sen resolver" e "100 Mulleres Galegas artistas emerxentes".[2]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Entrevista Arquivado 15 de setembro de 2019 en Wayback Machine. en El Correo Gallego