Xunta de Galicia de 2020

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Tralas eleccións de xullo de 2020, levouse a cabo unha recomposición do goberno da Xunta de Galicia que variou pouco respecto á súa composición do ano 2016. O goberno da Xunta formouse, desta volta, polo presidente, por primeira vez aparecen 2 vicepresidencias e 11 consellerías.

Composición[editar | editar a fonte]

Esta foi a composición da Xunta e os titulares:[1]

Presidencia Alberto Núñez Feijóo
Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Emprego e Industria Francisco Conde López
Consellería de Facenda e Administración Pública Valeriano Martínez García
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda Ángeles Vázquez Mejuto
Consellería de Infraestruturas e Mobilidade Ethel Vázquez Mourelle
Consellería Cultura, Educación e Universidade Román Rodríguez González
Consellería de Emprego e Igualdade María Jesús Lorenzana Somoza
Consellería de Sanidade Julio García Comesaña
Consellería de Política Social Fabiola García Martínez
Consellería do Medio Rural José González Vázquez
Consellería do Mar Rosa Quintana Carballo

Respecto ao goberno anterior de 2016 e a posterior remodelación de 2018, houbo algúns cambios: a Consellería de Presidencia perde Administración Pública que pasa a Facenda e Igualdade pero inclúe Turismo da anterior consellería de Cultura; volven se uniren as anteriormente separadas consellerías de Educación e Cultura e aparece a Consellería de Emprego (antes en Economía) e Igualdade (antes en Presidencia).[2]

Tamén manteñen o posto tódolos conselleiros e conselleiras agás o de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña e a anterior conselleira de Educación, Carmen Pomar, que saen do goberno.[3]

Predecesor:
Xunta de Galicia de 2016
 Escudo de Galicia.svg
Xunta de Galicia de 2016
 
2020 - en exercicio
Sucesor:
-


Notas[editar | editar a fonte]

  1. "O presidente da Xunta nomea o Goberno galego". xunta.gal. 6 de setembro de 2020. Consultado o 9 de setembro de 2020. [Ligazón morta]
  2. Redacción (7 de setembro de 2020). "Estos son todos los conselleiros del noveno Gobierno de Feijoo". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 9 se setembro de 2020. 
  3. Gómez, David (7 de setembro de 2020). "Feijóo releva a los conselleiros de Sanidad y Educación y añade una segunda vicepresidencia económica para Conde". abc.es (en castelán). Consultado o 9 de setembro de 2020.