Manuel Núñez Carreira
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de febreiro de 1948 (76 anos) Lugo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Manuel Núñez.
Manuel Núñez Carreira, nado en Lugo o 20 de febreiro de 1948, é un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Graduado Social pola Universidade de Santiago de Compostela (1972) e técnico superior en Relacións Industriais pola Universidade de Alcalá de Henares (1985). Foi xefe de persoal en COMPLESA (1969-85). Foi concelleiro de Lugo (1984), tenente de alcalde e responsable de persoal. Foi elixido parlamentario pola provincia de Lugo nas eleccións autonómicas de 1985 pola Coalición Popular. Foi elixido secretario da mesa do Parlamento. Foi director de persoal do grupo Lactaria Española (1986-90) e director de Recursos Humanos no Grupo RAM (1990). Traballa como asesor laboral de empresas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.