Saltar ao contido

Consellería do Medio Rural

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Consellería do Medio Rural
 Instancia de
 Parte de
Localización
 País
Wikidata

A Consellería do Medio Rural é unha consellería da Xunta de Galicia con competencias na xestión e promoción da agricultura, da gandaría, dos produtos con denominación de orixe, e da política forestal. O seu titular actual é José González Vázquez.

A consellería de Medio Rural e do Mar é, a pesar das mudanzas de nomes, unha das máis estables da historia dos gobernos autonómicos en canto a funcións e competencias. A variación máis importante foi a incorporación, entre 1983 e 1986 das políticas relacionadas coa pesca e a acuicultura que antes, coma o foron despois, tiveron unha consellería de seu. Estas competencias foron recuperadas trala remodelación de goberno producida en 2012. Non obstante, en 2015 a Consellería divídese en Consellería do Medio Rural, dirixida por Ángeles Vázquez, e a Consellería do Mar, dirixida por Rosa Quintana.

Conselleiros

[editar | editar a fonte]
  1. Jaime Rey de Roa (1982-1984). Como conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes.
  2. Fernando Garrido Valenzuela (1984-1986). A partir de 1985, como conselleiro de Agricultura, Pesca e Alimentación e uns meses despois, como conselleiro de Agricultura.
  3. Ángel Ruiz Fidalgo (1986-1987).
  4. Francisco Sineiro (1987-1990).
  5. Xosé Manuel Romay Beccaría (1990-1991). Como conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Forestal.
  6. Tomás Pérez Vidal (1991-1997). Como conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes.
  7. Cástor Gago (1997-2001). Como conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.
  8. Xoán Manuel Diz Guedes (2001-2004). A partir de 2001, uns meses máis tarde, como conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.
  9. José Antonio Santiso Miramontes (2004-2005).
  10. Alfredo Suárez Canal (2005-2009). Como conselleiro de Medio Rural.
  11. Samuel Juárez (2009-2012).
  12. Rosa Quintana (2012-2015). Como conselleira de Medio Rural e do Mar.
  13. Ángeles Vázquez Mejuto (2015-2018). Como conselleira de Medio Rural.
  14. José González Vázquez (2018-).

Estrutura interna

[editar | editar a fonte]

Secretarías e direccións xerais

[editar | editar a fonte]

Ademais da necesaria Secretaría Xeral da consellería, que ocupa Joaquín Macho Canales[1], a consellería do Medio Rural conta coas seguintes secretarías e direccións xerais:[2]

Entes asociados

[editar | editar a fonte]

As seguintes entidades están asociadas á consellería:[3]

Outros entes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]