Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes é unha consellería da Xunta de Galicia que ten como principais competencias a xustiza, o deporte, a administración local, as relacións institucionais e parlamentarias, emerxencias, interior, relacións exteriores e relacións coa Unión Europea.[1] O actual conselleiro é Diego Calvo Pouso.


Historia[editar | editar a fonte]

A consellería de presidencia tivo distintas denominacións e funcións ao longo da historia. Ademais, durante algúns períodos levou tamén aparellado o cargo de vicepresidencia da Xunta.

En 1983 (por uns meses) e despois dende 1983 ata 1990 absorbe ademais as competencias da Consellería de Xustiza e Interior. Durante a maior parte da súa existencia, agás entre 1990 e 1993, e 2005 e 2009 a consellería integra tamén a área de Relacións Institucionais (véxase tamén Consellería de Relacións Institucionais). A consellería de Presidencia, Administración Pública e Turismo desapareceu durante a reorganización de 2018.[2] As competencias en xustiza e presidencia pasaron á Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a competencia en administracións públicas pasou á Consellería de Facenda e Administración Pública.

Conselleiros[editar | editar a fonte]

  • Xosé Luís Barreiro Rivas (1982-1983). Primeiro como conselleiro de Presidencia e en 1983 como conselleiro de Presidencia e Xustiza. Ese mesmo ano volve ser unicamente conselleiro de Presidencia, pero co engadido de ocupar a vicepresidencia de asuntos políticos.
  • Manuel Anxo Villanueva Cendón (1986-1987)
  • Pablo González Mariñas (1987-1989)
  • Dositeo Rodríguez (1989-1999). Conselleiro de Presidencia e Administración Pública.
  • Jaime Pita (1999-2005). Conselleiro de Presidencia e Administración Pública, e a partir de 2001, conselleiro de Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.
  • José Luis Méndez Romeu (2005-2009). Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
  • Alfonso Rueda (2009-2022). Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Turismo.
  • Diego Calvo Pouso (2022-)

Estrutura interna[editar | editar a fonte]

Secretarías e direccións xerais[editar | editar a fonte]

Ademais da necesaria Secretaría Xeral da consellería, a consellería de Presidencia conta coas seguintes direccións xerais:[1]

  • Secretaría Xeral Técnica.
  • Secretaría Xeral para o Deporte.
  • Dirección Xeral de Xustiza.
  • Dirección Xeral de Administración Local.
  • Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias.
  • Dirección Xeral de Emerxencias e Interior.
  • Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea.

Entes adscritos á consellería[editar | editar a fonte]

Notas

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]