Antonio Martínez Aneiros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antonio Martínez Aneiros
Antonio Martínez Aneiros 20180512.jpg
Nacemento3 de xuño de 1933
Lugar de nacementoO Val
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónsacerdote católico e político
editar datos en Wikidata ]

Antonio Martínez Aneiros, coñecido como Antón Aneiros, nado no Val (Narón) o 3 de xuño de 1933, é un sacerdote e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Crego católico, abandonou o sacerdocio pero segue vinculado ás asociacións cristiás de base como coordinador do movemento Somos Igrexa.

Foi o primeiro alcalde que tivo Narón trala aprobación da constitución de 1978, elixido nas municipais de 1979 por Unidade Galega. Logo da ruptura desta formación, foi reelixido en 1983 dentro da formación de carácter local Agrupación Nacionalista Galega de Narón.

En 1985 esta formación incorporouse ó PSG-EG e Aneiros presentouse como número un pola provincia da Coruña ás eleccións ó Parlamento Galego. Resultou elixido nelas e desenvolveu o traballo parlamentario durante toda a lexislatura.


Predecesor:
Antonio Sánchez Berbis
 Escudo de Narón.svg
Alcalde de Narón
 
19/04/1979 - 13/12/1985
Sucesor:
Xoán Gato

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

O Concello de Narón puxo o seu nome a unha rúa e ao Complexo Social da súa parroquia natal en 2016.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, Ferrol, 27-11-2016, p. 7.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]