Xulio Pardellas de Blas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Xulio Xosé Pardellas de Blas")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xulio Pardellas de Blas
Xulio Pardellas.jpg
Nacemento9 de abril de 1949
 Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupacióneconomista, político, catedrático de universidade e escritor
editar datos en Wikidata ]

Xulio Xosé Pardellas de Blas, nado en Pontevedra o 9 de abril de 1949, é un economista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Doutor en Economía e profesor do Departamento de Economía Aplicada na Universidade de Vigo. As súas liñas de investigación oriéntanse ao desenvolvemento local e á economía do turismo. Foi director do Centro de Información Pesqueira e Marisqueira da Consellería de Pesca e asesor da FAO. Foi deputado no Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE (1985-1989) e membro da área de Ciencias Mariñas do Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos.

Obras[editar | editar a fonte]

  • A Emigración, 1978.
  • Do marisqueo á acuicultura, 1980.
  • A integración europea: un efoque interdisciplinar, 1999.
  • El impacto del Prestige 2003.
  • Economía básica, 2006.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • España e Europa: do franquismo ao euro, 2002.
  • A Unión Europea, 2003.

Como director[editar | editar a fonte]

  • Turismo cultural e ambiental, 2003.
  • Potencial turístico de territorios periféricos, 2004.
  • Turismo religioso: o Camiño de Santiago, 2005.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]