Saltar ao contido

Xunta de Galicia de 2024

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tras as eleccións de febreiro de 2024, Alfonso Rueda, malia perder dous deputados, conseguiu revalidar a maioría que conseguira Núñez Feijóo en 2020. Grazas a isto seguirá sendo presidente da Xunta até o ano 2028.

Case dous meses despois das eleccións, o Parlamento celebrou a posposta sesión de investidura do presidente da Xunta o 11 de abril, sendo elixido Alfonso Rueda con corenta votos a favor, unha abstención. O día 13 de abril celebrouse a toma de posesión nos xardíns de Bonaval coa asistencia de diferentes autoridades e expresidentes da Xunta. Ao día seguinte fíxose público o novo consello de goberno.

O novo gabinete do presidente Rueda, se ben mantén boa parte da estrutura e conselleiros anteriores, cabe salientar a supresión das vicepresidencias, a modificación de varias das consellarías e as súas atribucións, a recuperación da consellaría de Cultura e a saída de Ethel Vázquez, Comesaña e Elena Rivo.

Segundo goberno Rueda

Desde o 11 de abril de 2024

Partido Popular de Galicia
Presidencia da Xunta Alfonso Rueda Valenzuela
Consellaría de Presidencia, Xustiza e Deportes Diego Calvo Pouso
Consellaría de Medio Ambiente e Cambio Climático Ángeles Vázquez Mejuto
Consellaría de Educación, Ciencia Universidades e Formación Profesional Román Rodríguez González
Consellaría de Política Social e Igualdade Fabiola García Martínez
Consellaría de Economía e Industria María Jesús Lorenzana Somoza
Consellaría de Facenda e Administración Pública Miguel Corgos López-Prado
Consellaría de Vivenda e Planificación de Infraestruturas María Martínez Allegue
Consellaría de Sanidade Antonio Gómez Caamaño
Consellaría de Cultura, Lingua e Xuventude José López Campos
Consellaría de Emprego, Comercio e Emigración José González Vázquez
Consellaría do Medio Rural María José Gómez Rodríguez
Consellaría do Mar Alfonso Villares Bermúdez
Predecesor:
Xunta de Galicia de 2022
 
Xunta de Galicia de 2024
 
2024 - 2028
Sucesor:
En funcións