Francisco González Amadiós
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 26 de xullo de 1924 Vigo, España |
| Morte | 6 de abril de 1997 Vigo, España |
| Causa da morte | infarto |
| Actividade | |
| Ocupación | economista, político |
| Descrito pola fonte | Quen é quen no primeiro Parlamento Galego |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Francisco González (homónimos).
Francisco González Amadiós, Panchulo, nado en Vigo o 26 de xullo de 1924 e finado na mesma cidade o 6 de abril de 1997,[1] foi un economista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Francisco González Garra. Licenciado en Ciencias Económicas. Foi un dos dirixentes do Movemento Socialista de Galicia, que en 1975 se integrou no Partido Socialista Galego. Foi o candidato número cinco do PSG pola provincia de Pontevedra nas eleccións xerais de 1977.[2] Foi senador electo por Pontevedra polo PSdeG-PSOE nas eleccións de 1979. Elixido deputado do Parlamento galego polo PSOE nas dúas primeiras lexislaturas, foi vicepresidente do Parlamento. Posteriormente ingresou no BNG.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Marisa Pérez, filla de Telmo Pérez.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ EFE (7 de abril de 1997). "Francisco González Amadiós, político gallego". El País (en castelán).
- ↑ Faro de Vigo, 10-5-1977, p. 23.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Porteiro, María Xosé; Perozo, Xosé Antonio (1981). "Francisco González Amadíos". Quén é quén no primeiro Parlamento Galego. Vigo: Xerais. pp. 175–178. ISBN 84-7507-044-2.