Referendo de autonomía de Galicia de 1936
![]() | |||||||||||
Referendo do estatuto de autonomía | |||||||||||
28 de xuño de 1936 | |||||||||||
Debate(s) | Plebiscito do estatuto | ||||||||||
Demografía electoral | |||||||||||
Electores | 1 343 135 | ||||||||||
Votantes | 1 000 963 | ||||||||||
Participación | |||||||||||
74.56% | |||||||||||
Si | 99.24% | ||||||||||
Non | 0.76% | ||||||||||
Branco | 0.97% |
O referendo de autonomía de Galicia de 1936 celebrouse o 28 de xuño, no que votou o 74,56% do censo electoral (1 343 135 electores inscritos), cunha alta participación para a época. Dos 1 000 963 votos emitidos, 993 351 foron a prol (o 99,24%), 6 161 en contra e 1 451 en branco.

O 15 de xullo de 1936, unha comisión en representación do Comité Central da Autonomía de Galicia entregaba ó Presidente das Cortes, Diego Martínez Barrio, o texto do Estatuto aprobado en referendo. Esta comisión estaba formada por unha nutrida representación de parlamentarios e políticos galegos, entre os que se encontraban Tafall e Rajoy (representando ó Comité), os presidentes das catro xestoras provinciais (en función de Deputacións), os alcaldes das catro capitais de provincia e mailos de Santiago, Vigo, Ferrol e Viveiro e un grupo de deputados galegos da Fronte Popular (Castelao, Elpidio Villaverde, Fernández de la Vega, Ramón Beade, Alfredo Somoza, Celestino Poza, Guiance Pampín etc.).
En calquera caso, o estoupido da Guerra Civil o día 18 rematou brusca e definitivamente o proceso. O estatuto galego nunca chegou a entrar en vigor por mor do triunfo do bando nacional en Galicia tras o Alzamento nacional.
Resultados[editar | editar a fonte]
Opción | Votos | % |
---|---|---|
A prol | 993 351 | 99,24 |
En contra | 6 161 | 0,76 |
Inválidos/Votos en branco | 1 451 | – |
Total | 1 000 963 | 100 |
Votantes rexistrados/Participación | 1 343 135 | 74,56% |
Fonte: Direct Democracy |
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
![]() |
Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |