Fernando Pensado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Fernando Pensado
Nacemento5 de agosto de 1952
 A Baña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Fernando Alfredo Pensado Barbeira, nado na Baña o 5 de agosto de 1952, é un médico e político galego do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou o bacharelato no Colexio Peleteiro de Santiago de Compostela e licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Exerce como médico en Palas de Rei dende maio de 1978, concello do que foi alcalde entre 1983 e 1985 e de novo dende 1999 ata 2011. Tamén foi deputado provincial entre 1983 e 1988 e dende 2003 a 2007. Foi parlamentario autonómico entre 1985 e 1999. En maio de 2011 foi denunciado pola interventora municipal por acoso laboral, falsidade en documento oficial, falsificación de certificados, usurpación de funcións públicas, fraude na obtención e ou execución de subvencións públicas, prevaricación e inxurias[1].


Predecesor:
José Manuel Pacín Vázquez
 Palas de Rei.svg
Alcalde de Palas de Rei
 
1983 - 1985
Sucesor:
Antonio Sánchez Seoane
Predecesor:
Jesús María López Cordeiro
 Palas de Rei.svg
Alcalde de Palas de Rei
 
1999 - 2011
Sucesor:
Pablo José Taboada Camoira

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Noticia en Xornal de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2011. Consultado o 13 de maio de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]