Celestino Torres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Celestino Torres Rodríguez")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Celestino Torres
Nome completoCelestino Torres Rodríguez
Nacemento1921
 A Pobra do Brollón
Falecemento16 de agosto de 2005
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Celestino Torres Rodríguez, nado na Pobra do Brollón en 1921 e finado na Coruña o 16 de agosto de 2005, foi un empresario e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Empresario do sector da madeira, foi vocal do Consello Económico Sindical de Galicia e do Consello Provincial de Empresarios. Nas primeiras eleccións democráticas foi elixido alcalde de Monforte de Lemos por UCD. Foi un dos fundadores de Coalición Galega en 1983. Nas municipais de 1983 volveu ser elixido alcalde por Coalición Galega. En 1985 renunciou á alcaldía por ser elixido deputado do Parlamento de Galicia. Nas municipais de 1987 volveu ser elixido alcalde de Monforte de Lemos por Converxencia Nacionalista Galega, o mesmo que nas municipais de 1991, renunciando outra vez en setembro de 1993 por ser elixido de novo deputado no Parlamento de Galicia, agora como independente dentro do grupo socialista. Nas municipais de 2003 presentouse por Iniciativa Galega (INGA) e foi elixido concelleiro.

Foi nomeado fillo adoptivo de Monforte.


Predecesor:
Pablo Fernández Álvarez
 Escudo de Monforte de Lemos 2002.svg
Alcalde de Monforte de Lemos
 
1979 - 1985
Sucesor:
José Castiñeira Puente
Predecesor:
José Castiñeira Puente
 Escudo de Monforte de Lemos 2002.svg
Alcalde de Monforte de Lemos
 
1987 - 1993
Sucesor:
José Castiñeira Puente

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]