Consello Consultivo de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Consello Consultivo de Galicia, creado pola Lei 9/1995, do 10 de novembro, e regulado na actualidade pola Lei 3/2014, do 24 de abril, é o supremo órgano consultivo de Galicia, e actúa de xeito independente. Ten a súa sede no pazo de Amarante na rúa da Algalia de Abaixo en Santiago de Compostela.[1]

Funcións[editar | editar a fonte]

O Consello Consultivo de Galicia emite ditame en cantos asuntos, relativos ás materias sexan sometidos á súa consulta pola Presidencia da Xunta de Galicia, o Consello da Xunta ou calquera das persoas que forman parte del, as administracións do sector público autonómico, as entidades locais e as universidades públicas de Galicia.

No desempeño da súa función ditaminadora exerce o control previo do rigor técnico xurídico das actuacións do órgano consultante, velando do ordenamento xurídico, sen estenderse en valoracións de oportunidade ou conveniencia, agás que así o solicite expresamente o órgano consultante. A consulta ao Consello Consultivo de Galicia é preceptiva en determinados casos, porén os seus ditames non serán vinculantes. Por outra banda, o Consello da Xunta poderá encomendar ao Consello Consultivo a redacción de anteproxectos lexislativos e a elaboración de propostas lexislativas ou de reforma estatutaria. A súa realización deberá axustarse estritamente ao ámbito delimitado polos criterios expresados polo Consello da Xunta. Poderá tamén a Presidencia da Xunta de Galicia solicitar do Consello Consultivo a emisión de informes sobre calquera cuestión concreta cando sexan de transcendencia para a Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, os alcaldes e presidentes de deputacións provinciais poden solicitar do Consello Consultivo a emisión de informes sobre cuestións concretas de especial transcendencia.[2]

Composición[3][editar | editar a fonte]

Existen dúas categorías de conselleiros os electivos e os natos, teñen carácter nato os ex-presidentes da Xunta de Galicia.

O seu actual presidente é José Luis Costa Pillado

Presidente José Luis Costa Pillado
Conselleiros natos: Fernando Ignacio González Laxe
Conselleiros/as: Ignacio de Loyola Aranguren Pérez
José Abelardo Blanco Serrano
José Antonio Fernández Vázquez
Eduardo Antonio Sánchez Tato
Secretaría Xeral: José Ángel Oreiro Romar

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Consello Consultivo de Galicia · Sede". ccgalicia.es. Consultado o 2018-11-14. 
  2. "Consello Consultivo de Galicia · Qué e o Consello Consultivo de Galicia". ccgalicia.es. Consultado o 2018-11-14. 
  3. "Consello Consultivo de Galicia · Composición". ccgalicia.es. Consultado o 2018-11-14.