José Jiménez Lozano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Jiménez Lozano
José Jiménez Lozano.jpg
Nacemento13 de maio de 1930
Lugar de nacementoLanga
Falecemento9 de marzo de 2020
Lugar de falecementoValladolid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Salamanca, Universidade de Valladolid e Universidade de Madrid
Ocupaciónxornalista e escritor
PremiosPremio Miguel de Cervantes, Pro Ecclesia et Pontifice, Premio da Crítica de narrativa castelá, Premio Castela e León das Letras, Premio Nacional das Letras Españolas, Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes e Miguel Delibes Journalism Prize
Na rede
http://www.jimenezlozano.com
Dialnet: 145287
editar datos en Wikidata ]

José Jiménez Lozano, nado en Langa, Ávila, o 13 de maio de 1930 e finado en Valladolid o 9 de marzo de 2020, foi un escritor español.[1] Recibiu o Premio Cervantes en 2002.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Langa, pequena poboación da comarca da Moraña, ao norte da provincia de Ávila, onde pasou a súa infancia ata que marchou a estudar. Na súa obra están reflectidas as paisaxes de ampla chaira castelá, con horizontes inmensos que convidan o pensamento, a reflexión e mesmo a mística que inspirou a Juan da Cruz e Teresa de Ávila, así como algúns personaxes da súa lembranza son usados ao modo de como Miguel Delibes utiliza personaxes nas súas novelas ambientadas na Castela rural.

Desenvolveu a súa vida profesional en Valladolid e en Alcazarén, a súa residencia durante máis de cincuenta anos.

Licenciouse en Dereito pola Universidade de Valladolid, en Filosofía e Letras pola de Salamanca e en Xornalismo pola Escola Oficial de Xornalismo de Madrid en 1962.

Foi colaborador de El Norte de Castilla de Valladolid desde 1958, redactor de 1962 a 1978, subdirector de 1978 a 1979 e director desde 1992 até a súa xubilación en 1995.

En 1988, José Jiménez Lozano, o sacerdote José Velicia e o arquitecto Pablo Puente[3] desenvolveron en Valladolid a primeira edición da exposición Las Edades del Hombre. Tamén participou na parte técnica Eloísa García de Wattenberg, entón directora do Museo Nacional de Escultura. A parte financeira correu a cargo da Caixa de Salamanca e Soria.

Compaxinou a carreira xornalística coa literatura: é autor de novelas, ensaios, poesía e diarios. Colaborador habitual de xornais como ABC ou La Razón, foi tamén patrón do Instituto Cervantes, da Residencia de Estudantes e das fundacións da Lingua Española e da dos Duques de Soria.

Foi galardoado co Premio Cervantes 2002 –considerado como o Nobel das letras hispanas–. O escritor considerou o premio «como o que é, como un agasallo, cunha gran alegría» e que «é o premio máis importante do país e sinto que é un recoñecemento oficial, pero o que me enche de alegría é saber que a miña obra chegou a uns cantos, aínda que sexa un lector».[2]

O papa Francisco concedeulle a Cruz Pro Ecclesia et Pontifice, máxima distinción para un segrar, que recibiu o 4 de novembro de 2017 de mans do entón cardeal e arcebispo de Valladolid, Ricardo Blázquez.

Faleceu en Valladolid o 9 de marzo de 2020 aos oitenta e nove anos.[4][5]

Obra[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Nosotros los judíos (1959)
  • Un cristiano en rebeldía (1963)
  • Meditación sobre la libertad religiosa (1966)
  • La ronquera de Fray Luis y otras inquisiciones (1973)
  • Sobre judíos, moriscos y conversos (1982)
  • Guía espiritual de Castilla (1984)
  • Juan XXIII (1985)
  • Ávila (1988)
  • Los ojos del icono (1988)
  • La Lugareja (1991)
  • Pecado, poder y sociedad en la historia (1992)
  • Ni venta ni alquilaje (1992)
  • Unas cuantas confidencias (1993)
  • Castilla y León inolvidable (1994)
  • con Gurutze Galparsoro: Una estancia holandesa (1998)
  • Fray Luis de León (2001)
  • El narrador y sus historias (2003)
  • Contra el olvido (2003)
  • Obstinación del almendro y de la melancolía (2012)

Novela[editar | editar a fonte]

  • Historia de un otoño (1971)
  • El sambenito (1972)
  • La salamandra (1973)
  • Duelo en la Casa Grande * Parábolas y circunloquios de Rabí Isaac Ben Yehuda (1325-1402) (1985)
  • Sara de Ur (1989)
  • Estampas y memorias (1990)
  • El mudejarillo (1992)
  • Relación topográfica (1993)
  • La boda de Ángela (1993)
  • Teorema de Pitágoras (1995)
  • Las sandalias de plata (1996)
  • Los compañeros (1997)
  • Ronda de noche (1998)
  • Las señoras (1999)
  • Maestro Huidobro (1999)
  • Un hombre en la raya (2000)
  • Los lobeznos (2000)
  • El viaje de Jonás (2002)
  • Carta de Tesa (2004)
  • Las gallinas del licenciado (2005)
  • Libro de visitantes (2007)
  • Agua de noria (2008)

Relatos[editar | editar a fonte]

  • El santo de mayo (1976)
  • El grano de maíz rojo (1988)
  • Los grandes relatos (1992)
  • Objetos perdidos (1993)
  • El cogedor de acianos (1993)
  • Un dedo en los labios (1996)
  • El balneario (1998)
  • Antología de cuentos (2004)
  • El ajuar de mamá (2006)
  • La piel de los tomates (2007)
  • Libro de visitantes (2004)
  • El azul sobrante (2009)
  • Un pintor de Alejandría (2010)

Diarios[editar | editar a fonte]

  • Los tres cuadernos rojos (1973-1983) (1985)
  • Segundo abecedario (1984-1988) (1992)
  • La luz de una candela (1989-1993) (1996)
  • Los cuadernos de letra pequeña (1993-1998) (2003)
  • Advenimientos (2001-2004) (2006)
  • Los cuadernos de Rembrandt (2005-2008) (2010)
  • Impresiones provinciales (2010-2014) (2016)
  • Cavilaciones y melancolías (2016-2017) (2018)
  • Evocaciones y presencias (2018-2020) (2020)

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Tantas devastaciones (1992)
  • Un fulgor tan breve (1995)
  • El tiempo de Eurídice (1996)
  • Pájaros (2000)
  • Elegías menores (2002)
  • Elogios y celebraciones (2005)
  • Enorme luna (2005)
  • La estación que gusta al cuco (2010)
  • El precio, antología (2013)
  • Un fulgor tan breve, reedición (2017)
  • Tantas devastaciones, reedición (2017)

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Muere a los 89 años José Jiménez Lozano, Premio Cervantes y exdirector de El Norte de Castilla". El Norte de Castilla (en castelán). 2020-03-09. Consultado o 2020-12-10. 
  2. 2,0 2,1 "José Jiménez Lozano, Premio Cervantes 2002". El País (en castelán). 2002-12-12. ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-12-10. 
  3. "Muere Pablo Puente Aparicio, el arquitecto de Las Edades del Hombre". El Norte de Castilla (en castelán). 2020-04-11. Consultado o 2020-12-10. 
  4. "Muere el escritor José Jiménez Lozano". Libertad Digital (en castelán). 2020-03-09. Consultado o 2020-12-10. 
  5. "Fallece el escritor y periodista José Jiménez Lozano, Premio Cervantes en 2002". La Vanguardia (en castelán). 2020-03-09. Consultado o 2020-12-10. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Arbona Abascal, Guadalupe (2008). El acontecimiento como categoría del cuento contemporáneo. Las historias de José Jiménez Lozano. Madrid: Arco Libros. ISBN 978-84-7635-741-5. 
  • Arbona Abascal, Guadalupe (2011). Las llagas y los colores del mundo. Conversaciones literarias con José Jiménez Lozano. Madrid: Ediciones Encuentro. ISBN 978-84-9920-109-2. 
  • Higuero, Francisco Javier (1991). La imaginación agónica de Jiménez Lozano. Valladolid: Ámbito. 
  • Higuero, Francisco Javier (1993). La memoria del narrador. Intertextualidad anamnética en los relatos breves de Jiménez Lozano. Valladolid: Ámbito. 
  • Higuero, Francisco Javier (2000). Estrategias deconstructoras en la narrativa de José Jiménez Lozano. Rock Hill, SC: Spanish Literature Publications Company. 
  • Ibáñez Ibáñez, José R. (2005). La escritura reivindicada. Claves interpretativas en los ensayos de José Jiménez Lozano. Valladolid: Junta de Castilla y León, Consejería de Cultura y Turismo. ISBN 8497183517. 
  • Rica, Álvaro de la, ed. (2006). Homenaje a José Jiménez Lozano. Pamplona: Eunsa. ISBN 9788431324100. Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2013. Consultado o 10 de decembro de 2020. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]